A Mariña, 27 de marzo de 2015.- Ante a resposta do SERGAS á denuncia pública sobre o colapso do Hospital da Mariña e o traslado e ingreso de doentes no HULA, a CIG-Saúde quere facer as seguintes puntualizacións:
– A CIG Saúde A Mariña é un sindicato nacionalista galego e de clase, e así está recollido nos nosos estatutos que son públicos para calquera persoa.
– A CIG Saúde A Mariña defende unha sanidade pública galega de calidade e os dereitos das traballadoras e traballadores. A acusación por parte da Consellaría de que esta central sindical instrumentaliza a sanidade con fins políticos resulta un argumento burdo en boca de quen ten o poder para determinar que tipo de políticas sanitarias se aplican: a favor do interese da maioría social fortalecendo a sanidade pública, ou ben a favor de intereses privados, dándolle entrada no sistema público a empresas amigas quen fan negocio cos cartos de todas e todos os contribuíntes.
– As delegadas e delegados de CIG Saúde A Mariña foron elixidos/as de xeito democrático mediante voto directo da maioría das traballadoras e traballadores da Área Sanitaria da Mariña, tanto de Atención Especializada como en Primaria, algo que non poden dicir os xestores da sanidade da Mariña e Lugo, postos a dedo nas súas cadeiras polo Partido Popular.
– As denuncias públicas e críticas da CIG Saúde A Mariña son contrastadas e baseadas en feitos reais, polo que afirmamos, unha vez máis, que por falta de camas e mala xestión das mesmas, na noite do mércores para o xoves, doentes foron trasladadas ao HULA para o seu ingreso, e non de xeito voluntario como afirma o SERGAS, senón porque era a única alternativa que os xestores do Hospital da Costa lles ofreceron.
– CIG Saúde non só fai denuncias públicas, senón que ofrece alternativas en positivo. Así se lle comunicou á Xerencia do Centro, para que no futuro, e ante situacións similares, non sexa necesario ingresar veciños e veciñas da Mariña no HULA, habilitando outros espazos do noso hospital con persoal e medios de xeito provisional, namentres non queden liberadas camas e estas persoas poidan ingresar nas unidades correspondentes, evitando así ser trasladados, doentes e familias, a máis de hora e media de camiño.
– A ampliación do noso hospital non se pode facer dun día para outro, efectivamente, máis parece ser que os nosos xestores non queren ou non son coñecedores da historia sanitaria da nosa comarca. Houbo sucesivos anuncios neste sentido dende o ano 2009 e, de ter vontade política quen nos está a gobernar, a ampliación do Hospital da Costa podería ser unha realidade dende o primeiro anuncio, feito hai xa seis anos. Lembrarlles aos nosos xestores que en febreiro do 2009, en plena campaña das autonómicas, o deputado popular José Manuel Balseiro anunciou, en nome de Feijoo, a ampliación do centro. A principios de outubro do 2009, nunha visita a Lourenzá, o propio Feijoo ratificouse nesta decisión. Fixo o mesmo en marzo do 2010, nunha entrevista co anterior alcalde de Burela. No debate sobre o estado da autonomía de 2010, Feijoo prometeu executar o plan director do hospital mariñao. No 2011, tamén no debate sobre a autonomía, dixo que a ampliación «está na axenda» do seu executivo, no 2013 no Congreso Provincial do PP de Lugo anunciou de novo a ampliación.
Estamos a marzo de 2015, na segunda lexislatura de Alberto Núñez Feijoo, é o único que temos para este hospital é o anuncio dun novo Plan Director.. Os compromisos dos gobernos coa cidadanía demóstranse a través dos feitos e non dos anuncios e a desinformación. Parece que lle preocupa moito máis, aos dirixentes do PP da Mariña, os procesos electorais que a sanidade da comarca.
– Sinalar que os servizos creados en precario polo SERGAS son unha vitoria do pobo mariñao que de xeito reiterado e masivo saíu á rúa para demandar unha sanidade de calidade e proximidade, aquí, na Mariña.
– Por todo o anterior, dende CIG Saúde A Mariña esiximos a quen xestiona a nosa sanidade que se poña a traballar para garantir unha atención sanitaria de calidade e proximidade na nosa comarca e que deixen de ser os altofalantes dos responsables políticos que os nomearon a dedo, e que defendan os intereses dunha maioría social de veciños e veciñas da Mariña que queren ser atendidos, aquí, nesta comarca.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



