O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este xoves no primeiro Pleno xuvenil celebrado en San Marcos, no que ducias de mozas e mozos do C.E.I.P Torre de Lemos escenificaron o transcorrer dunha sesión plenaria. Os rapaces participantes na sesión desempeñaron o papel de Deputados provinciais, secretario, interventor, prensa e mesmo de público. O obxectivo principal desta iniciativa é achegar ao alumnado da provincia o funcionamento da institución, así como amosar que esta entidade é un servizo fundamental para a cidadanía.
Gómez Besteiro destacou que “a través de xornadas como a de hoxe, abrimos a xestión do público á cidadanía e impulsamos o goberno aberto”. O mandatario provincial afirmou que “a Deputación de Lugo é unha administración transparente e cercana, e na que tratamos temas de grande interese para a xente nova”. O Presidente agradeceu “o grande interese e labor” das alumnas e alumnos do C.E.I.P. Torre de Lemos na preparación do Pleno e concluíu que “experiencias como esta non se esquecen en toda a vida e gústame ver entre vós unha actitude tan comprometida”.
Melloras en servizos e infraestruturas
Os estudantes deste centro trouxeron as propostas elaboradas previamente no Colexio e que debateron finalmente na sesión plenaria. Nelas amosaron un grande interese por dotar de novos servizos e infraestruturas ao Concello de Monforte. Entre as propostas que foron aprobaron polos rapaces, destacan a construción de infraestruturas para os veciños máis maiores, aprobada pola maioría; a creación dunha granxa escola da finca de Tor, aprobada por todo o Pleno logo de facer varios engadidos; a posta en marcha dunha casa da Xuventude no Concello, que contou con 23 votos a favor, 2 en contra e 1 abstención; e o financiamento dun microscopio para o colexio Torre de Lemos, aprobado por 20 votos a favor, 4 abstencións e 1 en contra.






















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



