Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015. O deputado do BNG, Daniel Rodas formulou este xoves unha pregunta na comisión de Asuntos europeos relativa os criterios utilizados pola Xunta para o reparto dos fondos procedentes de Europa para a actividade pesqueira e as medidas a aplicar.
Rodas criticou a nova “centralización” do Estado español sobre os fondos FEMP que recortan a capacidade de xestión de Galiza, volvendo, dixo, “a un modelo arcaico” e inoperante ademais de alonxado da realidade galega. Desa maneira, recalcou, resulta moi difícil que Galiza utilice os fondos europeos para “fortalecer, protexer e impulsar” o seu principal sector económico.
Para o deputado, resulta fulcral que sexa a Xunta a que xestione os fondos e defina claramente os criterios porque é preciso condicionar o financiamento para fomentar a pesca responsable, o apoio a acuicultura e os fondos que serán dedicados a innovación.
Na súa intervención, Rodas explicou que dos 1.161 millóns de euros que repartirá o Estado español, a Galiza correspóndenlle 370, polo que preguntou cáles son as previsións da Xunta tento en conta que o Goberno galego aceptou o criterio de “máis barcos” que “dereitos de pesca” o que suporá, que ante a imposibilidade de pescar pola falta de cotas, só “serán salvados os armadores” que recuperarán parte do investido porque se mantén “como criterio” o despezamento dos barcos.
Asemade, engadiu, “ningunease o noso sistema de pesca tradicional apostando por un “suposto” novo modelo ecolóxico de cría de peixes.
O deputado tamén botou de menos medidas que favorezan a produción marisqueira, a unidade do asociación mexiloeira, fixación dun prezo mínimo ou acceso ao crédito.
Por outra parte, criticou a ausencia de medidas contra “o clientelismo” e de apoio a comercialización e transformación, industrial non vinculada ao produto autóctono e tampouco hai medidas, dixo, para paliar os baixos prezos para produtores nin en defensa da pesca artesanal fronte ás importacións.
Finalmente, sobre emprego, dixo que o futuro que nos ofrece Madrid é o do “turismo mariñeiro” cando a nosa realidade é a dun sector sector envellecido e cun algo índice de emigración da mocidade e sen cotas que nos impiden pescar.



















A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.



