A Deputación de Lugo acollerá, o vindeiro martes 10 de marzo, unha xornada sobre innovación dixital na provincia de Lugo, #lugoinnova. O evento contará coa presenza de recoñecidas figuras do mundo dixital, impulsores de innovadores e modélicos proxectos en diferentes ámbitos. A iniciativa, enmarcada dentro no InnovaTE2: Deputación Dixital, iniciativa cofinanciada nun 80% por fondos FEDER, terá lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e a asistencia totalmente gratuíta, malia que limitada polo aforo do recinto, polo que será necesario reservar praza en www.deputacionlugo.gal.
A xornada #lugoinnova reunirá en Lugo a destacadas figuras do mundo dixital que analizarán a estreita relación entre a innovación e o crecemento económico e social dun país, proceso que se acelera considerablemente coa aparición do compoñente dixital, polo que son moitas as persoas, empresas e organizacións que non dubidan en incorporarse e apostar pola teconoloxía e a rede nos seus modelos de crecemento.
Entre os participantes estarán José Antonio Rodríguez Salgas, @JoseAntonioJun, alcalde do concello granadino de Jun, pioneiro en España no uso das redes sociais na participación cidadá. De feito, este rexedor é o alcalde co maior número de seguidores en Twitter, superando os 300.000 followers.
Tamén tomarán parte Javier Ikaz e Jorge Díaz, creadores do popular blog Yo fui a EGB, unha homenaxe á infancia dos anos 80, que conta con máis dun millón de seguidores habituais na rede, e autores do libro inspirado no blog que logrou situarse entre os tres máis vendidos do país. A cita completarase coa intervención de Alfonso Alcántara, @yoriento, recoñecido especialista en motivación e emprego 2.0.
Programación da xornada
A xornada desenvolverase entre as 10.30 e as 20.00 horas, e arrincará coa inauguración a cargo do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, @jrgomezbesteiro, quen dará paso a José Antonio Rodríguez Salas, @JoseAntonioJun, que falará acerca do Papel de Twitter na política e a administración pública. O caso Jun.
Ás 12.30 horas intervirán Javier Ikaz e Jorge Díaz, @YoFuiaEGB, coa ponencia Nostalxia dixital na que analizarán os porqués do éxito do seu blog e o libro do mesmo nome e, xa pola tarde, a partires das 17.00 horas, Alfonso Alcántara, @Yoriento, impartirá o obradoiro #SuperProfesional: Reinvéntate en 120 minutos, no que explicará os mellores consellos e os segredos do emprego 2.0, a marca persoal e o emprendemento para atopar e crear oportunidades persoais e laborais, e que o autor analiza no seu libro #SuperProfesional: 6 superpoderes para aprovechar tu talento y alcanzar tus objetivos.
Reserva de prazas
A xornada #lugoinnova é totalmente gratuíta, malia que limitada polo aforo do Salón de Actos do Pazo de San Marcos, polo que para asistir será necesario reservar praza, o que se pode facer dende hoxe mesmo, a través de www.deputacionlugo.gal. Todos os asistentes recibirán un diploma acreditativo da súa asistencia á xornada.
De calquera xeito, os que non poidan acceder ese día poderán seguir íntegro o evento a través de streaming, grazas ao traballo da Fundación TIC, e nas redes sociais de Deputación. Máis información e novidades en blog.deputaciondelugo.gal e nas contas da Deputación en redes sociais (@depulugo en Twitter e https://www.facebook.com/diputacionlugo en Facebook).




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



