Lugo, 27 de marzo de 2015.- O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, deron conta este venres en rolda de prensa do equipamento que a Xunta, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destina ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil existentes na provincia de Lugo.
Trátase, en concreto, de sete pick-up, sete furgóns, seis remolques de emerxencia, unha embarcación, sete espalladoras de sal e unha carpa de posto de mando avanzado, que supón un investimento global de 703.333 euros.
Todo este equipamento será cedido aos concellos (de menos de 50.000 habitantes) que teñan agrupacións de voluntarios de Protección Civil, para que sexan empregados en programas de prevención de riscos e primeiras intervencións en emerxencias, previndo danos aos cidadáns, aos seus bens e ó medio ambiente ou, no caso de que estes acontezan, a minorar as súas consecuencias.
Segundo recalcou a delegada territorial, “Protección Civil é unha peza fundamental na atencións ás emerxencias” e agarda “que os cidadáns da comarca da Mariña, destinatarios últimos dos servizos prestados polos grupos de emerxencias, perciban, coa dotación deste novo equipamento, a mellora na prestación do servizo e se sintan, en consecuencia, máis protexidos ante calquera incidencia que poida acontecer”.
Detectores de gases tóxicos
Na mañá deste venres tamén tivo lugar o reparto de detectores de gases tóxicos e atmosferas explosivas que se poidan xerar no transcurso dunha emerxencia aos representantes dos sete Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) constituídos na provincia en 2013: A Fonsagrada, Guitiriz, Becerreá, A Pontenova, Quiroga-Folgoso do Courel, Monterroso e Cervo.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



