A Federación Rural Galega (FRUGA) anima a participar na asemblea nacional prevista para o domingo 29 de marzo no recinto do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo co lema “O Futuro da Galiza é Rural”.
Coa chegada de Feijóo ao Goberno, o rural galego padeceu unhas políticas tremendamente agresivas que implican unha acción planificada de destrución do tecido social rural, que ten a súa mostra máis evidente na constante desaparición de unidades produtivas agrarias e no abandono do rural. En definitiva, estas políticas están a provocar pobreza e desertización da maior parte do territorio galego, o que se dá en chamar a “crise demográfica”.
FRUGA cuestiona ademais o modelo das desiguais relacións entre empresas e persoas produtoras. Se antes, cando dirixía o nacionalismo a Consellaría do Medio Rural, existían unhas mínimas regras de mercado, como os contratos homologados e estes eran negociados en mesas creadas ao efecto, o Goberno de Feijóo optou por deixar actuar libremente as empresas para que impoñan as súas condicións sempre en detrimento dos intereses de produtores e produtoras.
Esta asemblea tamén vai servir de foro de debate e lugar de elaboración de alternativas para afrontar esta situación, ao tempo que lanzará un chamado para pór en marcha políticas orientadas a revitalizar o rural galego, porque o futuro de Galiza tamén ten que ser rural.
A efectos organizativos, a asemblea decorrerá entre as 10.30 e as 14.30 horas, para dar paso a un xantar de convivio. Haberá transporte colectivo desde as distintas comarcas.
Quen estivese interesado en participar nesta xornada de debate pode pórse en contacto con FRUGA no 681.027.859 e en lugo@fruga-galiza.org.






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



