A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, avanzou este xoves a nova programación de actividades dirixidas principalmente a adultos que o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) organiza durante o vindeiro trimestre. Ofrecerá 12 obradoiros de artesanía que se desenvolverán ata o 27 de xuño na Fundación TIC, nas aulas do Hospital de Día de Saúde Mental e nos Concellos de Bóveda, Lourenzá, Cervantes, Becerreá, O Incio, Viveiro, Abadín, Ribadeo e A Fonsagrada. Grazas a estes talleres, 146 persoas coñecerán os segredos dos oficios artesanais e a tradición do tecido, a tapicería, fotografía, cestería, tala e torneado de madeira, birimbao, arte visual, escaparatismo e fabricación de monicreques.
No acto, no que tamén estiveron presentes algúns dos artesáns encargados de impartir as actividades, Polín lembrou que o Centro de Artesanía e Deseño “organiza un ano máis estes obradoiros artesanais posto que contribúen ao noso obxectivo de pór en valor a artesanía típica luguesa e de achegar a tradición artesanal e a riqueza cultural da provincia a todos os lucenses”.
A Deputación pon en marcha estes obradoiros lúdico-didácticos dentro da súa aposta polo impulso dos oficios artesanais como sinal de identidade e atractivo da provincia que xera riqueza. “Apostamos polo noso: pola nosa artesanía, pola de Lugo; pola nosa cultura e pola nosa tradición”, sentenciou Polín.
A artesá Carmen Pano de la Fuente imparte o curso que neste momento se está a desenvolver no centro sociocultural do Concello de Bóveda, e que terá lugar ata o vindeiro 25 de abril, todos os sábados de 16.00 a 20.00 horas. Os participantes practicarán as técnicas do tecido tradicional a través dunha aprendizaxe nun tear de alto lizo. Tamén está en marcha o curso de iniciación á tapicería, impartido por María Otero Folgueira; o de iniciación ao tecido tradicional galego, baixo as instrucións de Cecilia Carballo Castrillón, e o de iniciación á fotografía, con Peter Schneider como mestre. A escola de Santo Adrao de Lourenzá, a Palloza do Museo Etnográfico de Cervantes e o telecentro de Becerreá acollen estes obradoiros, que terán lugar ata o vindeiro 13 de maio, todos os luns e mércores en horario de 19.00 a 22.00 horas; ata o 28 de abril, os martes e sábados de 16.00 a 20.00 horas, e ata o 8 de maio, todos os luns e venres de 17.00 a 21.00 horas, respectivamente.
Este sábado dará comezo o obradoiro de birimbao no CEIP Santa María da Fonsagrada, onde os nenos aprenderán a tocar a trompa de boca, instrumento fabricado o pasado ano noutro curso. O 18 de marzo arrancará o taller Arte Visual da iconografía, orientado a todos os interesados no deseño gráfico. Yolanda Díaz Goás ensinaralle aos participantes os temas imprescindibles relacionados coa comunicación visual ata o 27 de abril, de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas, nas aulas da Fundación TIC. Tamén, a partir do 30 de marzo e ata o 8 de abril, Margarita Portomeñe ensinaralle aos asistentes as técnicas do escaparatismo e figuras con porispán nas aulas de Día de Saúde Mental.
Durante o mes de abril comezarán outros catro talleres: Iniciación á Cestería no Incio e en Abadín, Iniciación ao tapiz de alto lizo en Viveiro e Tala e Torneado Artístico en madeira en Ribadeo. A programación da Deputación complétase cun taller de monicreques do 15 ao 19 de xuño no Hospital de Día de Saúde Mental.
Inscrición
O prazo de solicitude remata cinco días antes da data de comezo de cada obradoiro. As inscricións poderán realizarse mediante internet, na páxina web www.centrad.org Cada alumno poderá participar nun único curso por tempada, agás no caso de que resten prazas vacantes noutros cursos unha vez pechado o prazo de inscrición.





















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.



