Ribadeo, 9 de marzo de 2015. Acisa reclama que sexa en Ribadeo onde se faciliten os pases gratuitos para visitar a praia de As Catedrais. Desde a asociación consideran que debe ser este municipio o máis beneficiado polo plan da Xunta, porque é en Ribadeo onde os empresarios pagan os seus impostos e é o Concello ribadense o que soporta os importantes gastos que ocasiona ano tras ano o areal.
Na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ven con preocupación algunhas declaracións efectuadas nos medios de comunicación por *hostaleiros da comarca da Mariña sobre a praia de As Catedrais.
Desde Acisa puntualizan: “a todas as administracións implicadas na xestión deste paraxe querémoslles recordar que a praia de As Catedrais está situada no municipio de Ribadeo e que iso debe primar sobre calquera outra posibilidade. Si a Xunta vai limitar o acceso e para visitar o areal vai ser necesario facerse cos correspondentes pases gratuitos é en Ribadeo onde debemos repartilos, polo menos a maioría. Que a ninguén se lle esqueza que os cidadáns e os empresarios ribadenses pagan os seus impostos en Ribadeo, e é este Concello o que se encarga de sufragar os cuantiosos gastos que xera ese areal con ou sen axuda doutras administracións”.
Á directiva de Acisa non lle parece de recibo que se alcen voces pedindo pases para todos os hoteis da Mariña porque a praia de As Catedrais está en Ribadeo. As nosas alegacións foron presentadas ante a Xunta para demandar o que a nós nos piden os nosos asociados. O que non podemos entender é que desde hoteis e restaurantes doutros municipios ameácese con despedimentos e reclámense entradas, cando aínda estamos na fase de presentación de alegacións. Gustaríanos saber si en caso de pedirlles axuda económica a eses empresarios ou a eses Concellos veciños para ter o arenal nas mellores condicións posibles estarían dispostos a colaborar”.
Acisa insiste en que “está moi ben que toda a comarca benefíciese do boom turístico que supuxo para Ribadeo e para toda esta zona a praia de As Catedrais, pero que a ninguén se lle esqueza que está situada neste municipio e que é aquí onde os empresarios, hostaleiros e comerciantes pagan os seus impostos. Ás administracións pedímoslles que xestionen isto da mellor forma posible, porque se lles pode ir das mans e os máis prexudicados seremos os ribadenses”.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



