Con motivo do roteiro, este xoves 19 de marzo, Mariña Patrimonio organiza unha charla informativa en Ribadeo na Casa das Letras ás 20.30 horas co título “As catedrais tamén xacemento arqueolóxico”. Alí darase cumprida información sobre o forno romano de Esteiro, a canle e as vetas auríferas das Catedrais así como da presenza de minas romanas na Mariña.
Charla informativa en Ribadeo sobre “As Catedrais tamén xacemento arqueolóxico”