A pesar que ata o último momento podía haber un cambio no liderato da Liga Sénior, ao final o podio quedou como estaba: Arturo Vigo proclamouse campió por diante de Rafael González que, a pesar de ser o protagonista da “mellor bolada” do campionato con 111 puntos nunha tirada que marca un récord difícil de superar, non puido remontar e tivo que conformarse co subcampionato. Álex Meitín permanece na terceira praza pola que recibe un trofeo -igual ca os seus compañeiros- e tamén 100 euros. O primeiro e o segundo clasificado, pola súa banda, fixéronse con 200 e 150 euros, respectivamente; aínda que Rafael recibirá tamén outro trofeo e outros 50 euros pola “mellor bolada”.
| CAMPIÓN | ARTURO VIGO CASABELLA | TROFEO E 200 €UROS |
| SUBCAMPIÓN | J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | TROFEO E 150 €UROS |
| TERCEIRO | ALEX MEITÍN SERANTES | TROFEO E 100 €UROS |
| MELLOR BOLADA | J. RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ con 111 tantos | TROFEO E 50 €UROS |
Nesta Liga teñen premio final os 12 primeiros clasificados; pero, a última tirada no Centro Social de Sumoas, só serviu para modificar algunhas posicións dentro dos postos 4º ó 12º.
Liga de Maiores
Dentro da Liga Senior Masculina, no apartado dedicado aos xogadores maiores de 60 anos (LIGA DE MAIORES) na que os tres mellores teñen dereito a tres premios.
| CAMPIÓN | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | TROFEO E 75 €UROS |
| SUBCAMPIÓN | MODESTO ALBO VIDAL | TROEFO E 50 €UROS |
| TERCEIRO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | TROFEO E 25 €UROS |
| TROFEO AO XOGADOR DE MAIOR IDADE: MODESTO ALBO VIDAL DE 85 ANOS | ||
Liga Sénior Feminina
Igualmente, na Liga Feminina a emoción mantívose ata o final para decidir o subcampionato. Mentres que Belén Meitín, que quedou segunda nesta tirada, afianzaba o seu segundo campionato na categoría; Salomé Cardoso conseguía empatar a puntos na clasificación con Carmen Roca obrigando a forzar o desempate. Despois de 3 tiradas, o subcampionato caía do lado de Carmen. Aínda así, Salomé Cardoso asinaba unha gran actuación na súa primeira presencia na categoría.
Todas elas recibían o seu respectivo trofeo, aínda que Carmen Roca por partida dobre ao ser a responsable da “mellor bolada” con 83 tantos.
| CAMPIÓN | BELÉN MEITÍN ROUCO | TROFEO E 90 €UROS |
| SUBCAMPIÓN | CARMEN ROCA CORRAL | TROFEO E 75 €UROS |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | TROFEO E 50 €UROS |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL con 83 tantos | TROFEO E 50 €UROS |
Liga Sub 16
Cos dous primeiros postos xa decididos na Liga Sub 16 -Daniel Alonso e Miguel López, respectivamente-, quedaba por dirimir quen se facía coa terceira posición do podio final.
Así, Hugo Pérez subía ao podio despois de dúas tiradas iniciais impresionantes en Sumoas que xa non lle deron ningunha opción a Julia López.
| CAMPIÓN | DANIEL ALONSO LÓPEZ | TROFEO E 90 €UROS |
| SUBCAMPIÓN | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO | TROFEO E 75 €UROS |
| TERCEIRO | HUGO PÉREZ MEITÍN | TROFEO E 50 €UROS |
| MELLOR BOLADA | MIGUEL LÓPEZ FORMOSO con 74 tantos | TROFEO E 50 €UROS |
A organización do campionato destaca dous aspectos da temporada 2014/2015: por un lado, a alta participación cunha media duns 35 inscritos por tirada, e, por outro, a consolidación dun núcleo infantil/xuvenil de xogadores e xogadoras que durante os anos vindeiros deberán tomar o relevo e renovar o espectro social deste xogo. Estes dous feitos demóstranos que o xogo de bolos está consolidado no noso Concello e que este xogo ten futuro.
Loxicamente, e tal como sinalou o alcalde Demetrio Salgueiro na clausura desta tempada, o traballo que se está a facer dende o Concello na organización deste campionato, así como o apoio do Concello ao Club de Bolos Xove, fai que “Xove sexa unha referencia a nivel galego neste tan querido deporte noso”.
Rematada a competición, o alcalde, acompañado da concelleira de deportes Cristina Iglesias, fixo entrega dos trofeos e premios aos vencedores.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
