O venres 13 de marzo arrinca o IV Concurso de Tapas do Centro Histórico de Viveiro. Por tan só 1,5 euros cada unha, os clientes poderán gozar de 13 tapas diferentes nos locais participantes. Nesta edición sorprenderannos tanto con receitas baseadas o bo sabor da cociña tradicional, como con creacións imaxinativas mesturando texturas innovadoras. Os locais que participan son:
– Mesón A Baiuca.- con “Agasallo”
– Restaurante Ou Muro.- con “Fogar de Breogán”
– Bar la Fontana.- “2 en 1”
– Bar Castilla.- “Esencias de Castilla”
– Mesón A Placiña.- con “Costra de Ternera Dulce”
– Belle Epoque.- con “Brochetas Nautilus”
– Mesón Imperial.- con “Monkfish”
– Bar Cantábrico.- con “El Pequeño Bocatín”
– Bar La Plata.- con “Fiesta en la Granja”
– Bar Normandy.- con “Secreto de Mar”
– Restaurante Casa Pepi.- con “Escalera de Sabores”
– O Rincón do Tronco.- con “De Noruega a Viveiro”
– Mesón O Recuncho.- con “Roliño de Boletus”
Fóra de concurso colaborará o Restaurante O Asador, que ofrecerá unha tapa especial aos seus clientes durante os días do concurso.
Os locais servirán as tapas todos os días cun horario mínimo de 12.00 a 15.30 horas e de 20.00 a 00.00 horas (a excepción do domingo que se servirán ata as 22.00 horas). En cada local participante, haberá “tarxetas de votación” a disposición dos clientes.
Cada vez que un cliente deguste unha das tapas do concurso, o establecemento selaralle a “tarxeta” na casilla correspondente ao seu local.
Os clientes poderán votar a tapa que máis lles gustou e entrar no sorteo de 150 euros -se a tarxeta ten un mínimo de 8 selos- ou 300 euros en vales de compra -se a tarxeta ten o 100% de selos, é dicir, os 13-.
O voto poderá realizarse ata o domingo 15 de marzo ás 22.00 horas, en calquera das urnas situadas en todos os locais participantes.
Para os locais participantes haberá 3 premios:
– mellor tapa: elixida mediante as votacións dos clientes.
– mellor presentación: elixida por un xurado alleo ao evento.
– tapa tradicional cun toque innovador: elixida por un xurado alleo ao evento.
O luns 16 de marzo, a organización procederá ao reconto de votos, sorteo de vales de compra, e posterior comunicación ó agraciado e aos locais gañadores.