Ribadeo, 27 de marzo de 2015.- As instalacións de Acisa Ribadeo foron escenario na tarde deste venres da entrega de premios aos gañadores do concurso fotográfico do día do pai, que repartiu máis 600 euros en premios.
O premio do público foi para a foto Marco lo tiene claro, Papá el mejor!!! de Al-Paco Herrero. A imaxe conseguiu 366 gústame no facebook de Acisa. O autor desta foto recibiu 150 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados.
O xurado decidiu hai uns días que o terceiro premio dotado con 100 euros, fose para a foto Nuevas viejas miradas de Cobra Antonio Soñora; o segundo premio, que recibiu 150 euros, foi para Qué tontiño eres papá de Loris Sixto; e o primeiro premio, dotado con 200 euros, foi para Pensando en ti, de Belén Pérez Teijo.
Os premios foron entregados polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e por ún dos membros do xurado Servicios Audiovisuais El Farero.
Dende Acisa explican que “as fotografías premiadas estarán expostas dende mañá no escaparate de Foto Miguel, para que todo o mundo poida velas