8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Unha data na que debería servir para recordar a máis dun cento de traballadoras do textil, que faleceron no ano 1908 en Nova York reivindicando os seus dereitos laborais, vese empañada polo feito de que un século máis tarde, non existe una diferencia notable na igualdade laboral entre ambos sexos, a pesares que noutros campos os cambios son moi sobresaintes:
– Existe discriminación sexual para poder obter un posto de traballo.
– Desigualdade de condicións laborais tanto en salario como en promocións. No pasado mes de febreiro as estadísticas confirman que baixou o paro masculino e aumentou o femenino, un dato moi significativo a ter en conta.
Para Foz Plataforma de Futuro non é unha data de festexo, nin celebración, senon máis ben o contrario, de reivindicación. Polo que loitaremos con esforzo e continuidade en:
• Sensibilizar e inculcar socialmente a igualdade total entre home e muller, tanto dentro como fora do ámbito laboral.
• Reinserción e incorporación das mulleres maiores de 45 anos, que por diversos motivos estiveran afastadas do mundo laboral, tendo dereito a unha formación e un posto de traballo digno.
• Aplicación da Lei de Conciliación Familiar e Laboral (Lei 39/1999) ademáis de facilitar toda información ao respesto ás mulleres afectadas.
• Mellorar e reimplantar a Lei de Dependencia (Lei 39/2006), unha lei que nos últimos anos sufreu un retroceso moi severo, cambios que moitas mulleres con persoas dependentes o seu cargo notaron moi considerablemente.
Dende Foz Plataforma de Futuro invitamos a todas as mulleres a que loiten polos seus dereitos, sen escatimar esforzos, que non teña que pasar un século máis para poder conseguir a igualdade total.

















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



