Foz, 12 de marzo de 2015. Os días 20 e 21 de marzo celebraranse en Foz as Xornadas de Degustación do Longueiró, que organiza ACIA/CCA e nas que participarán unha trintena de bares, mesóns e restaurantes.
Durante esas xornadas poderanse saborear tapas de longueiró a 1 euro e racións degustación a 8 euros. Desde a directiva de ACIA/CCA sinalan que “o que queremos é seguir potenciando os produtos do mar, tanto os que hoxe son importantes nesta zona coma os que foron no seu día, como é o caso do longueiró”.
Os locais hostaleiros que se dan cita nestas xornadas de degustación son: A Soalta, O Norte, A Rula, Bar 78, O Descanso, O Sera, A Funcional, O Lar, O Muelle Bar, O Náutico, O Tangarte, Fraggle Rock Café, Acuario, Leytón, Namarinos, O Tangarte Mariñeiro, Casa Damián, Xoyma, Anduriña, Fina, Portovello, As Brasas, Dandy, pizzería Xoiña, A Bolera, As Torres, Express e Costumes do Mar.
Desde ACIA/CCA Foz din: “queremos que focenses e visitantes aproveiten eses días para saborear as propostas da hostalería da vila nas Xornadas de Degustación do Longueiró, que organizamos coincidindo coa ponte de San Xosé e coa chegada da primavera”.
Ademais desde a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos e o Centro Comercial Aberto animan “a facer as compras do día do pai e de San Xosé no comercio tradicional da nosa vila. Aquí atoparán todo o que precisan para agasallar e homenaxear aos pais e aos Pepes e Pepitas”.





















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



