Estrasburgo, 11 marzo 2015. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), tivo a posibilidade de intervir este martes no punto dedicado ao debate sobre a Conferencia de Alto Nivel sobre o Virus do Ébola, realizado o pasado 3 de marzo en Bruxelas.
Para a eurodeputada de AGEe, a loita contra o Ébola na fronte sanitaria “ten que ir acompañada da mellora nas condicións de vida das persoas nestes países”, e non limitarse a inxeccións económicas puntuais realizadas polos países enriquecidos cando consideran que crises como a do Ébola poden ter repercusións nos seus territorios ou afectar negativamente aos seus intereses.
Senra sinalou que “os apoios non poden supor máis endebedamento, non se pode obrigar aos Gobernos a facer políticas de axuste nin recortes orzamentarios nos servizos públicos”. “As axudas non poden estar vinculadas ao pago da débeda”, aseverou, “nestas condicións, é urxente que o Banco Mundial non cobre os once millóns de dólares destinados no 2015 para Serra Leoa, Liberia e Guinea”.
Para a eurodeputada galega, a estratexia de axuda para facer fronte ao Ébola ten que ter como premisa fundamental reforzar a autonomía dos propios países, “ten que servir para fortalecer os servizos públicos e de saúde, para garantir o acceso universal á auga e o tratamento das augas residuais”, infraestruturas e servizos duramente afectados logo da crise do Ébola, e cuxa recuperación e reforzamento é fundamental para dar lugar a unha mellora das condicións de vida que realmente dificulte que podan ter lugar este tipo de crises humanitarias.
Outro aspecto a abordar se realmente se quere apoiar a estes países logo de teren sido tan fortisimamente afectados polo virus, sinalou Senra, é garantir o acceso á alimentación, polo que as axudas económicas “teñen que supoñer un apoio ao campesiñado local para producir alimentos”, sendo ademais unha prioridade “poñer fin ao acaparamento de terras”, que no continente africano está cifrado xa en máis de cinco millóns de hectáreas. Para a eurodeputada de AGEe é intolerábel “que un continente que posúe o 65% da terra arábel do planeta teña ás súas cidadás e cidadáns morrendo de fame ou malnutrición“.
Lídia Senra rexistrou xa en outubro do pasado ano unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea na que instaba a loitar “contra as causas que fan vulnerábeis ás persoas fronte a este virus” , criticando “a extracción masiva por parte das potencias occidentais da grande riqueza que acumulan as terras de países como Liberia, Guinea, Costa de Marfil ou Serra Leoa”, e denunciando que “as políticas impostas neste países polo Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e o Banco Africano de Desenvolvemento son, xunto ca débeda, responsábeis do desmantelamento dos servizos públicos e, en especial, dos sistemas de saúde”, dificultando enormemente polo tanto o control do virus do Ébola.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



