A Mariña, 7 de marzo de 2015. A carencia de persoal no servizo de anatomía patolóxica no Hospital da Costa non é nova, xa foi denunciada en numerosas ocasións sen que desde a dirección do SERGAS se ofreceran solucións a este servizo que leva tempo colapsado por non cubrir as ratios necesarias de persoal facultativo e técnico necesario para atender o volume de traballo existente. A solución que agora ofrece a dirección do SERGAS nunha instrución interna é derivar ao Hospital de Monforte probas diagnósticas de carácter ordinario que antes se facían na Mariña usando un servizo de taxi dous días por semana.
O BNG denunciou que “non parece serio nin procedente trasladar nun taxi mostras biolóxicas para procesar e almacenar no Hospital de Monforte de doentes tratados na Mariña”. “A falta de persoal e parches como este non solucionan senón que agravan a calidade do servizo de anatomía patolóxica de Burela, colapsado desde fai anos”. Afirman desde o BNG, “que hai intervencións cirúrxicas, ben sexan urxentes ou programadas, que poden requirir biopsias inmediatas durante a intervención, motivo imperioso para cubrir as prazas en Burela necesarias para este servizo”.
Desde a organización nacionalista afirman que o Hospital da Costa conta cun equipo no servizo de anatomía patolóxica formado por dous especialistas e catro técnicos cando de acordo as ratios polo volume de traballo que asume, deberan ser tres especialistas e cinco técnicos. O BNG insistiu en que a EOXI con dirección en Lugo decide sobre contratacións e organiza o traballo de toda a provincia asfixiando o hospital mariñao con decisións como a descrita que crean problemas de operatividade ao persoal sanitario de Burela e tapan con parches os problemas no canto de solucionalos.
A responsábel comarcal, Ana Ermida, lembrou que o BNG xa denunciou en xuño de 2011 o colapso do servizo de anatomía patolóxica no Hospital da Costa, a CIG volveuno facer en febreiro de 2014, pero os problemas de falta de persoal persisten. Reclama a cobertura das prazas de persoal necesarias e explicacións pola directriz de trasladar a outro hospital as probas que antes se facían na Mariña e facelo nun transporte alleo aos ordinarios do servizo sanitario como é un taxi.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



