Alfoz, 26 de marzo de 2015.- Coincidindo coa organización das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, organízase no noso concello a I Ruta das Tapas, na que participan a Cafetaría Rodolfo, o Restaurante O Frenazo, o Restaurante A Naranja, o Bodegón Ponte de Pau, a Taberna de San Pedro e a Cafetaría da Casa da Cultura (Morroncho). As bases desta I Ruta das Tapas de Alfoz son as seguintes:
-A ruta das tapas celebrarase en dous fins de semana das Olimpíadas: o fin de semana do 18 e 19 de abril e o fin de semana do 25 e 26 de abril.
-Nesta ruta das tapas participarán 6 bares do concello de Alfoz: Cafetaría da Casa da Cultura (Bar de Morroncho), Bar Rodolfo, Bodegón Ponte de Pau, A Naranxa, O Frenazo e San Pedro.
-Os que queiran participar no sorteo da Ruta de Tapas terán que coller una tarxeta nalgún dos bares participantes ou ben no Concello de Alfoz e recorrer cada un dos fins de semana sinalados todas os bares inscritos na Ruta, onde se lles selará a citada tarxeta co selo do establecemento (de cada fin de semana poden escoller en visitar cada bar o sábado ou o domingo).
-Para ser incluída no sorteo final a tarxeta deberá levar os selos de todos os bares participantes nas dúas fins de semana citadas (tanto dá que o selo sexa posto o sábado como o domingo da correspondente fin de semana).
-As tarxetas con todos os selos poderán entregadas en cada un dos bares participantes ou ben nas oficinas do Concello de Alfoz.
-Haberá tres gañadores e o sorteo para elixilos celebrarase na última xornada das Olimpíadas, o día 2 de maio, no transcurso da celebración dos Xogos Populares.
-O premio consistirá en vales para compras en diversos establecementos do concello de Alfoz, establecementos que serán especificados na tarxeta de participación. Cada un dos tres gañadores do sorteo recibirá un vale por valor de 200 euros.
-Os premios serán entregados na 4ª Xornada das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, o día 2 de maio de 2015, ó finalizaren as probas de Xogos Populares.
As tapas que ofrecerá cada un dos establecementos participantes son as seguintes:
– CAFETARÍA RODOLFO: xamón cocido, guiso de calamar, costela e fabada.
– BODEGÓN PONTE DE PAU: segredo do Mariscal, Airiños do mar, Aires da Frouseira, Falares galegos.
– RESTAURANTE O FRENAZO: lacón cocido con patacas, chipirones en salsa, chipirones fritos, zorza con patacas, riles ó xerez, patacas bravas, callos e tortilla española.
– CAFETARÍA DA CASA DA CULTURA (MORRONCHO): filloas de Popeye, Barcas a vela, Pataca abaladoira, Monte do Castelo.
– RESTAURANTE A NARANJA: Rosetón de suprema, merluza á Naranja, tosta de salteado de gulas y gambas, crema verde galega con picatostes, dados de raxo ó Cabrales, crujientes de pito con tártara, barquillo de endivias con queixo e salmón, bombón de melón con xamón.
– TABERNA SAN PEDRO: tortilla, xamón serrano, callos e raxo.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



