A Peña Manfra, de Ribadeo, celebrou este domingo 19 de abril o seu 46º encontro anual, que incluíu unha comida no restaurante O Lar de Manolo, da vila ribadense. Antes, os componentes desta veterana agrupación reuníronse para tomar un viño e un aperitivo no local do antigo bar Manfra, a onde volveron despois da comida para xogar as partidas de tute tradicionais en todos os encontros anuais do colectivo. A maioría dos membros da Peña Manfra son veciños de Ribadeo, pero tamén conta con compoñentes que actualmente residen en localidades como Santiago de Reinante, Cangas de Foz ou Lourenzá.
