27 de abril de 2015.- A Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento e aCentral Folque en colaboración co Concello de Ribadeo, accionan por primeira vez en A Mariña, contextos de Arte e Saúde encamiñados a criar novas vías de comunicación, integración e movemento a través do Neuromovemento Craneal, a Improvisación Interdisciplinar Libre, a música e a danza.
Unha programación onde a improvisación libre e a diversidade funcional son escolas de vida, um continuum que comeza por poñer o foco na necesidade da improvisación libre diaria como axuda para mellorar o desenvolvimento pesoal a calquer e para calquer nivel profesional e privado, que posteriormente terá un dia adicado ao espectáculo “Bailar el agua” (por vez primeira em Galiza) para todos aprender das pesoas con diversidade funcional no palco e por último mais adiante unhas sesions de Neuromovimento Craneal para quen teña déficits de movimento e dores crónicos sen resolver.
A programación, que se desenvolverá durante o primeiros meses deste 2015, inclúe tres espazos de aprendizaxe e está dirixida a nen@s, xovens e adultos interesados-as, e aberto para diferentes ámbitos relacionais, profesionais, artísticos dependendo dos recursos físicos e psíquicos de cada quen.
*CURSO DE IMPROVISACIÓN INTERDISCIPLINAR LIBRE con CHEFA ALONSO para músicos, poetas, bailarins, artistas plásticos e toda xente adicada á escena.
8 e 9 de maio: 8 de maio (venres) de 11h a 14h e de 17h a 20 h; 9 de maio (sábado) de 11h a 14h
Espazo: Auditorio de Ribadeo. (prazas limitadas)
+info:
Este taller será dirixido e impartido por Chefa Alonso, Doutora en Improvisación Libre e Composición pola Universidade de Brunel (Londres), docente galega, directora e música con máis de trinta anos de experiencia, participante en diferentes festivais internacionais de free jazz e improvisación libre (Alemania, Rumania, Mexico, Austria, Inglaterra…), e con experiencia amplísima na dirección e formación de grupos e orquestas.
Vai dirixido a pintores, músicos, bailarins, bailarinas, actores, actrices, poetas, malabaristas, titiriteiros, escultoras… tratase dun taller estimulativo para sacar o mellor de dentro de nós dandolle a mao ao inesperado, ao risco e á busqueda continua fora da zona de confort. A improvisación como modelo de comunicación colectiva aproveitando ao máximo a expresión individual para interactuar cos demais. Traballarase a escoita, a concentraçom, a confianza, a decisión, a enerxia do instante, a exploración do instrumento, o silenzo, a ocorréncia, a intención…. é dizer aspectos necesarios para a vida pois palcos hainos en todas partes.
Estamos a falar da improvisación libre, é decir, unha improvisación non ligada a xenéros musicais específicos como poidan ser o jazz, o pop, o rock ou as músicas tradicionais. Unha improvisación que está vinculada á linguaxe e a expresión corporal, ao propio instrumento, ao sentido do colectivo como motor de crecemento, á confianza no individuo, a un espíritu de igualitarismo. En fin, unha actividade que quere dar a espalda ao capitalismo atroz que está sumindo as nosas sociedades na desesperación e na ruína.
Número asistentes: 10 mínimo e 15 máximo. Todos os participantes deberán traer o seu instrumento (musical, corpo, voz, texto, material para plástica, etc) así como o equipo necesario para o seu son ou visibilización.
*ESPECTÁCULO “BAILAR EL AGUA” con CHEFA ALONSO (médico e música) e RAQUEL SÁNCHEZ (bailarina e coreógrafa) para persoas con diversidade funcional e público interesado. ESPECTÁCULO REPRESENTADO POR PRIMEIRA VEZ EN GALIZA.
9 de maio ás 18h
Lugar: Auditorio de Ribadeo.
(reservas limitadas)
+info ver video: https://vimeo.com/55946936
Chefa Alonso, música e doutora, xunto á bailarina e coreógrafa Raquel Sánchez presentannos ‘Bailar el Agua’ un taller espectáculo que levan desenvolvendo en diferentes países e continentes desde 1999 e que por primeira vez ven a Galiza despois de 16 anos impatíndose polo resto do estado e Sao Paulo (Brasil). Un espectáculo realizado por un equipo de músicas e bailarinas concebido para persoas con diversidade funcional enraízado na capacidade de integración social e mellora terapéutica que ten a creación artística baseada na improvisación.
Trátase dun espectáculo de unha hora de duración onde as facilitadoras xunto ás persoas con diversidade funcional crearán unha obra musical e de danza a través do uso da improvisación como recurso comunicativo, permítindo así establecer un diálogo cos asistentes, integrar as súas respostas e compor con elas en tempo real. Proponse un formato especial que produce unha estimulación sensorial e emocional moito máis ampla.
Número de participantes e características:No máximo e mínimo de participantes: entre 10 e 25 persoas con diversidade funcional. O público acompañante e resto de público interesado, estarían noutra disposición espacial.
3*Sesións Neuromovemento Cranial, por Juan Carlos Concha Matus.
Datas e Horarios: Do 4 ao 8 de Xuño. Todos os días desde as 10.00 h. ata as 14:00 h. e de 16.00 h. ate 20.0o h.
Lugar Hotel Cabazo , Ribadeo.
+info: http://neuromovement-cranial.com/
Impartidas por Juan Carlos Concha Matus, afincado en Mallorca, osteópata formado no Método ABM -Anat Baniel Method- de Fendelkrais (San Rafael, California) e practicante do mesmo en diferentes países europeos: Rusia, Dinamarca, Alemania… A súa longa experiencia con nen@s e adultos con (e sen) diversidade funcional achega un importante avance na diversidade funcional na Galiza desde outubro de 2013. Esta é a primeira vez que se practica na comarca de A Mariña .
NeuromovimientoCraneal é a súa plataforma, ferramenta principal para traballar con adultos e nenos. Un enfoque e técnica refinada no tacto e movemento, aproveitando ao máximo a plasticidade natural do sistema nervioso e a respiración primaria sanadora dos tecidos corporais. Nesta ocasión presenta unha programación de cinco xornadas con sesións individuais todos os días ata completar as prazas.
O público ao que están dirixidas son todas aquelas persoas que queiran profundizar no seu propio potencial a través do movemento. En particular a:
-Adultos con dores crónicos ou limitacións de movemento.
-Nenos con necesidades especiais e ás súas familias.
-Terapeutas manuais que queiran ampliar as súas técnicas e recursos.
-Profesionais da saúde, a docentes, a artistas (de música, teatro, danza…)
-Docentes especializados en educación física, plástica e música.
Cada sesión individual ten unha duración estimada de 45 minutos. O número de prazas é limitado e confirmaranse segundo orde de inscrición.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



