Burela, 2 de abril de 2015. O Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela informa que ata o día 30 de setembro está aberto o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás subvencións da Secretaría Xeral da Emigración para emigrantes retornados/as emprendedores/as e que son compatibles coas que ofrece a Consellería de Traballo e Benestar e o IGAPE, das que tamén se poden favorecer as persoas emigrantes retornadas.
Desde Servizos Sociais tamén se informa sobre o Programa de Retorno Voluntario Asistido, da Organización Internacional para as Migracións e financiado polo Ministerio de Empleo e Seguridade Social, dirixido para aquelas persoas que queiran retornar aos seus países de orixe e que non dispoñan de medios económicos para pagar a viaxe.
O departamento que dirixe Diana Durán subliña que “para máis información pódese consultar o programa de atención a inmigrantes nas dependencias da Casa do Concello”.