Burela, 12 de abril de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén non puido sumar a súa quinta vitoria consecutiva na mañá deste domingo na pista do AD Alcorcón FSF. As madrileñas conseguiron os tres puntos e seguen pelexando por entrar en Copa con 4-1 a favor, nunha cita moi igualada. Tras un axustado 1-0 ao descanso, as pupilas de Iván Cao, Lucas, saíron con frescura no segundo período, pero o acerto por partida dobre das locais en contragolpe fixo dano nas filas laranxas, que apostaron por xogo de cinco sen éxito na recta final.
Los Cantos viviu unha primeira parte moi equilibrada na que ambas as escuadras buscaban a meta rival. As burelistas dispuxeron de boas ocasións pero o desaxuste en finalización non lles permitiu abrir o marcador, algo que si puideron facer as locais, no minuto 13, nun rexeitamento que Andrea Feijoo puxo dentro dos paus.
Saíron as de Lucas moi ben no segundo tramo, con boas sensacións para dar a volta ao electrónico. Os minutos pasaban e as de Alcorcón aproveitaron para ampliar en dous contraataques, con Andrea Feijoo de novo como protagonista (minutos 34 e 35). Con 3-0, o Burela FS Pescados Rubén optou por Shio como porteira xogadora, pero chegou o 4-0 de Desiree, a porta baleira. Non baixaron os brazos as da Mariña e reduciu distancias, no 37, Claudia. O cadro laranxa intentouno ata a extenuación fronte á gardameta local, con perigo pero sen posibilidades de mover o definitivo 4-1.
Ficha técnica
AD Alcorcón FSF: Eva, Isa García, Leire, Anita Luján e Desiree (cinco inicial). Tamén xogaron Natalia Orive, Cris Llanos, Vadillos e Andrea Feijoo
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos e Shiori (quinteto inicial). Tamén xogaron, Maite, Claudia e Tainã.
Goles: 1-0, min. 13 Andrea Feijoo; 2-0, min. 34 Andrea Feijoo; 3-0, min. 35 Andrea Feijoo; 4-0, min. 37 Desirée; 4-1, min. 37 Claudia
Tarxetas: Por Alcorcón amarela a Natalia Orive.
Incidencias: Partido correspondente á 24ª xornada de Primeira División RFEF, disputado no pavillón de Los Cantos.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
