Burela, 22 de abril de 2015. Con motivo da celebración do Día do Libro o xoves, 23 de abril, na Biblioteca Pública Municipal de Burela, inaugurarase unha mostra bibliográfica de distintos fondos dedicados ao público infantil. Os fondos poderán contemplarse en horario de 9 a 13 horas e de 17.00 a 20.00 horas de luns a venres.
Desde a Concellería de Cultural lembran que “o 23 de abril é unha data simbólica para o mundo da literatura. Nese día, no 1616, finou Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e o poeta Garcilaso de la Vega. O 23 de abril é tamén a data de nacemento doutros grandes autores, Maurice Druon, K.Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejía Vallejo. Por elo o 23 de abril foi elixido pola Unesco como o Día Mundial do Libro”.
Asemade , e como remate do mes do libro, a Delegación de Cultura a través da Biblioteca Pública ,e dentro do programa Ler Conta Moito de dinamización das bibliotecas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura ofrécenos o espectáculo Contiario da Cía. Os Contos de Pablísimo, será o vindeiro sábado, 25 de abril, ás 17.30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre.
Esta sesión familiar de contacontos é unha colección de relatos que amosan a grade variedade, orixinalidade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O obxectivo é espertar a curiosidade polos libros, por “mergullarse” nas estanteirías da biblioteca e dar a coñecer os contos tradicionais e máis os contemporáneos. Os Contos de Pablísimo é unha Cía. especializada en contacontos, teatro de animación e teatro infantil. Os seus espectáculos toman sempre como base a literatura infantil a tradición oral e o teatro. Fundada no ano 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos mesturando neles monicreques, música en vivo teatro de sombras, vídeo , narración oral… e ten participado en diferentes mostras e festivais.




















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



