Riotorto, 9 de abril de 2015. A novena edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto ofrecerá o domingo 19 deste mes, domingo, demostracións en vivo, obradoiros, mostra de artesanía, actuacións musicais e outras actividades dende as 11.00 ata as 19.30 horas.
O alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, explicou que “o domingo da semana que vén, 19 de abril, celebraremos a novena edición da Feira da Artesanía do Ferro, unha artesanía que é un potencial singular do concello de Riotorto e algo que nos distingue dos demais municipios, xa non só da comarca senón de todo o país. Consideramos que é un recurso que temos que potenciar porque ten moitas posibilidades tanto na dinamización económica como na turística do concello. Este ano, como ocorreu nos anteriores, contamos ter unha asistencia masiva de xente de todo o país, pois é unha feira que xa está consolidada, como se demostrou en edicións anteriores, cunha afluencia de miles de persoas. Seguramente este ano será tamén un éxito de asistencia”.
O secretario da Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, Ángel Villada Moirón, comentou que “esta feira que facemos dende hai 9 anos segue medrando, cada vez atrae a máis visitantes e tamén a máis expositores. O traballo da nosa asociación céntrase basicamente nas demostracións en vivo da artesanía do ferro e contamos sempre cos ferreiros de Riotorto, tamén con outros da provincia e este ano temos unha novidade, pois ven a sétima xeración dunha familia de ferreiros de Navarra”.
Ángel Villada destacou que “a inauguración vai ser ás 12.00 e a partir de aí empezarán as demostracións en vivo cos ferreiros de Riotorto, os da Fonsagrada, un ferreiro de Santiago, que é Alberto Leis; temos un obradoiro infantil que o fai Friedrich, que é un ferreiro austríaco afincado nos Oscos, e este ano teremos a novidade de contar coa asociación de forxa de Navarra, que vai estar tamén demostrando durante todo o día o traballo que eles fan co ferro. Arredor do ferro temos tamén varios obradoiros: un deles de alfarería, a cargo de Os de Laura, de Buño; un de tear, que o vai facer Noela Feal, de Vilalba; e outro de torneado de madeira, a cargo de Jesús Iglesias, que é de Ortigueira. Entón durante toda a xornada, dende pola mañá ata as 19.30 horas, van estar facendo demostracións en todos estes obradoiros”.
O secretario da asociación de ferreiros de Riotorto engadiu que “tamén teremos un pavillón con 35 expositores doutro tipo de artesanía e ademais haberá animación de rúa a cargo de varios grupos de teatro, estarán tamén os gaiteiros de Riotorto animando polas rúas e o coro de Riotorto actuará na inauguración da feira. Invitamos a toda a xente que queira vir a Riotorto, porque sacamos aos ferreiros das súas forxas para que demostren o seu traballo ao aire libre. E todo o mundo que queira vir pode pasar todo o día en Riotorto, pois temos programa de actividades para toda a xornada e haberá unha carpa grande para que poidan comer racións de polbo e doutro tipo de comidas. Animamos a toda a xente a que nos visite.”


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



