O adestrador do Burela FS Pescados Rubén de Primeira División LNFS, Juan Luis Alonso Doral, non continuará á fronte do equipo. O técnico madrileño, de 39 anos, chegou a un acordo co club para rescindir o contrato que o vinculaba á entidade ata finais de 2015-16; motivos familiares fixéronlle tomar esta decisión tras declinar a proposta laranxa de prolongar a súa estadía na Mariña por outra tempada, ata 2017.
“É un momento triste porque aquí sempre me sentín querido e valorado, sobre todo pola xente do club. No entanto na vida hai prioridades e ás veces hai que tomar decisións dolorosas” explicaba o preparador burelista. “Quero dar as grazas ao club por confiar en min e especialmente a Manolo e José Luis porque a súa confianza e apoio foron incondicionais e tamén a todos os profesionais do club polo doadas que sempre me puxeron as cousas” explicaba.
Lamentando profundamente que non poidan seguir escribindo xuntos a historia laranxa, o CD Burela FS Pescados Rubén agradece o traballo, compromiso, profesionalidade, honradez e seriedade de Juanlu ao longo destas tres tempadas e deséxalle sorte na súa nova andadura lonxe da Mariña. “Na historia do equipo masculino o paso de Juanlu marca un antes e un despois. Os éxitos acadados na mellor liga do mundo por un equipo humilde nestas tempadas da man do adestrador deixan un recordo imborrable e quero agradecer especialmente a súa valentía e aposta pola entidade na difícil situación na que se fixo cargo do equipo” puntualizaba o vicepresidente burelista, Jose Luis Sáez.
Juanlu Alonso chegou ao club mariñán no ecuador da tempada 2012-13 para coller as rendas dun proxecto incipiente na elite futbolística que conseguiu recuperar enerxía no tramo final ligueiro e manterse na máxima categoría. En 2013-14, o Burela FS Pescados Rubén rematou a competición na sétima praza, accedendo a cuartos de play off e proclamouse subcampión de Copa Galicia. No terceiro exercicio do preparador capitalino á fronte do conxunto laranxa, a oitava praza na primeira volta de 2014-15 outorgou o premio da histórica estrea na Copa de España Cidade Real 2015, coa revolucionaria clasificación para semifinais.
Inter Movistar, Pinto FS, Azkar Lugo, Boomerang Interviú son só algúns nomes que figuran no percorrido de Juanlu polas pistas. Tras o seu paso por Levitt Las Rozas (2002-04), como referencia en Prata, e Carnicer (2000-01) e o todopoderoso Boomerang Interviú (2001-02, 2004-05), como segundo, en 2005-06 decantouse por Galicia e o Azkar Lugo, co que se proclamou campión da Recopa de Europa. En 2007-08, o Pinto FS e Juanlu conseguiron o ascenso á División de Honra. A dirección de Inter Movistar (2008-10) brindoulle os títulos da UEFA Futsal Cup e Copa e Supercopa de España, en 2009. Despois de preto de dúas tempadas no vestiario do Benicarló Aeroport Castelló, o madrileño comprometeuse cun proxecto ao lado da casa, o Navalagamella FS, de Segunda B, en 2012-13 antes de embarcarse no ilusionante periplo laranxa.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
