Santiago, 9 de abril de 2015.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, afirmou este xoves no Parlamento galego que o Ministerio de Fomento está a traballar para erradicar de forma definitiva a problemática existente coa néboa na A-8 no treito entre Abadín e Mondoñedo. “Ademais das medidas xa adoptadas para mellorar a seguridade viaria, o Ministerio ten previsto convocar esta primavera o desenvolvemento dun proxecto de I+D+I co obxecto de determinar e desenvolver unha solución innovadora para poñer fin a este problema”, engadiu.
Gómez Alonso salientou que “a A-8 constitúe para a Comunidade Autónoma de Galicia un eixo vertebrador con tres funcións diferentes: a conexión interior de Galicia, a unión de Galicia co resto do norte de España e a comunicación con Europa”. Esta autovía, que supuxo un investimento total de 720 millóns de euros no seu trazado galego, cunha lonxitude de 86,8 quilómetros.
INTERESE DA XUNTA
Logo de recordar que se trata dunha estrada de titularidade estatal por formar parte dun itinerario de interese xeral que comunica varias comunidades autónomas, a Xunta de Galicia amosou interese polos problemas existentes coa néboa no tramo da A8 entre Abadín e Mondoñedo nas reunións que mantivo co Ministerio de Fomento.
Ata o momento, adoptáronse unha serie de medidas para mellorar a seguridade viaria entre Abadín e Mondoñedo, como a instalación de balizas laterais con lámpadas LED;, novos carteis de sinalización de alta reflectancia; novos sinais verticais para, en caso de néboa, limitar a velocidade e prohibir o adiantamento de vehículos pesados; novos paneis de mensaxe variable; novas estacións meteorolóxicas; e novas cámaras de televisión a para a visualización das condicións de néboa en tempo real dende o Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste da DGT.
“Estas medidas teñen xa demostrado a súa eficacia e os cortes rexistrados durante o pasado mes de marzo son os primeiros dende novembro de 2014, mes no que se finalizou a súa implantación”, afirmou o portavoz popular.
Así mesmo, o Ministerio de Fomento, de cara a erradicar de forma definitiva a problemática existente, decidiu apostar polo desenvolvemento dun proxecto de I+D+i con obxecto de determinar, e no seu caso, desenvolver unha solución innovadora. A convocatoria deste procedemento sería realizada na primavera desde mesmo ano.
ACTUACIÓNS NOUTRAS ESTRADAS
Respecto da estrada LU-124, Gómez Alonso sinalou que a Consellería de Medio Ambiente ten adxudicado por 664.484,83 euros os traballos de mellora da mesma no tramo Mondoñedo-Lindín, que serve de conexión coa autovía A-8. Os traballos desenvolveranse ao longo de 8,8 quilómetros e teñen por obxecto a mellora da estrada e do estado de conservación do seu firme ancheando a plataforma da estrada.
Ademais, segundo información do Ministerio de Fomento, as actuacións previstas para este ano na N-634 consistirán na extensión dunha capa de microaglomerado en frío. Así mesmo, na N-640 realizarase a rehabilitación do firme mediante fresado e reposición con mestura bituminosa en quente.


















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



