A Dirección do Instituto de Educación Secundaria de Cervo, Marqués de Sargadelos, procedeu este xoves á evacuación do centro tras producirse un lume nun cuarto de baño.
O incendio foi xa sufocado e ninguén resultou ferido. A evacuación realizouse de forma ordenada e todos os alumnos están reunidos no punto de encontro establecido, confirmaron os membros da dirección do centro.
Pese á acumulación de fume, só ardeu un secador de mans no interior dun cuarto de baño. No lugar permanecen os Bombeiros de Viveiro e o GES de Cervo. O CAE 112 Galicia foi informado ás 13:05 horas deste xoves e, de inmediato, se solicitou a intervención dos servizos de extinción e tamén das forzas e corpos de seguridade locais e do Estado.