Lugo, 16 de abril de 2015.- O presidente provincial do PP de Lugo e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro, informou este xoves que o Partido Popular de Lugo presentará candidaturas nos 67 concellos da provincia.
Barreiro quixo poñer en valor que as papeletas dos populares estarán presentes, unha vez máis, no cen por cen dos municipios lucenses á vez que deu por concluída a designación de todos os seus candidatos en todas as alcaldías da provincia.
O PP de Lugo renovou o 23% dos seus cabezas de lista e 41 dos candidatos designados son alcaldes que optarán á reelección. Completan este perfil 15 portavoces municipais, 7 candidatos que non formaban parte da corporación e 4 que na actualidade eran concelleiros. A presenza de mulleres encabezando unha lista medra con respecto ao ano 2011, ata superar o 13 por cento.
CONFIANZA MAIORITARIA DOS LUCENSES
Barreiro lembrou que na anterior cita coas urnas o PP confirmou a súa posición como forza hexemónica na provincia de Lugo despois de que preto do 50% dos lucenses apoiasen co seu voto a esta formación política.
Explicou tamén que as candidaturas populares gañaron en 50 dos 67 concellos da provincia (o 75% dos municipios) acadando 43 alcaldías. No cómputo provincial o PP obtivo 3.216 votos máis que os acadados por PSOE e BNG xuntos.
ÚNICOS CAPACES DE GARANTIR A ESTABILIDADE
Finalmente, como valoración, Barreiro lembrou que os populares convértense na única forza política con capacidade para garantir a confianza e estabilidade necesaria para de afianzar o proceso de recuperación económica e creación de novos postos de traballo e, de feito, a presentación de candidaturas en toda a provincia é proba delo.
Sinalou tamén que a experiencia dos gobernos locais é a traxectoria dos seus alcaldes é o mellor aval para renovar e incluso ampliar os seus apoios. Dixo que o PP quere seguir sendo forza de goberno na provincia e animou aos candidatos a saír á rúa, dar a cara, explicar o seu balance de goberno ou as razóns polas que o PP, aí onde non goberna, supón unha alternativa estable e digna de confianza.


















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



