O Concello do Vicedo organiza a VIII Ruta dos Pinchos que se desenvolverá o venres 8 e o sábado 9, ademais do sábado 16 e o domingo 17 de maio en nove establecementos hostaleiros do municipio.
Os pinchos, por un prezo de 2 euros, poderanse consumir en horario de 20.00 a 23.00 horas o venre e os sábados e de 12.00 a 15.00 horas o domingo.
A primeira fin de semana completarase a primeira ruta entre a Cafetería Casa da Cultura (polbo á prancha con espaguete de mar), Mesón O Remo (sepiida), Café Bar San Esteban (pechugas recheas ó forno), Café Bar Santo Domingo (delicias de mar), La Bodeguita del Puerto (antoxos da Bodeguita) e o Merendero Los Árboles – Xilloi (brocheta de polbo).
A segunda ruta constará de tres establecementos: Chiringuito de Abrela (meixela en prebe con humus e migas de touciño), Restaurante Area Grande (recheo Areagrande) e Casa Fanego (da area).