A vida, que apreta e ás veces afoga, en ocasións deixa marxe para a esperanza e polo tanto, aínda que utópica, pode ser acicate para perseverar na loita, mantendo a ilusión por acadar obxetivos, persoais ou colectivos, e mesmo por lograr unha sociedade mais xusta e solidaria. O xogo da convivencia é complexo, e non sempre doado, e ofrece atrancos que para superalos precísase dun contorno favorable, no que xogan un papel importante as institucións, para as que, en función de distintas consideracións
(ideoloxía, formación, cultura, cortesía, diálogo, personalidade, suposta honestidade…) temos o dereito cidadán de elixir ós seus dirixentes. E nesas estamos, coas eleccións á vista, ás que se presentan heteroxéneos e distintos grupos, coa artillería emplazada para a loita, por lograr que a súa respectiva recua sente os reais nas poltronas dos diferentes concellos, a cuxos veciños foron presentados oficialmente; acaso eso sí, cuchipanda de por medio, confirmando que segue vixente na crase política a súa tradicional disposición a “fincar o dente”, O combate dialéctico, cos noxentos ataques, reproches, acusacións, reais ou imaxinadas, e os insultos mais ou menos encubertos, xa hai tempo que circulan, se é que algunha vez non o fixeron. Pero din os mais informados, que será a partires dagora, cos candidatos pegados contra as paredes e pendurados das farolas, cando arrecien e suban de tono.¡Qué ledicia, e cánto labor didáctico, exemplarizante, nese empecinamento dos líderes por conducir á cidadanía polos vieiros da cortesía, da cultura e o respecto!. Din que se prodigarán os mútuos reproches, pois hai xentes que, tamén neste eido, entenden que a mellor defensa é un bó ataque, sobre todo cando non hai ofertas honestas e cribles. As eleccións van renovar facianas nas Corporacións. ¿Quere isto decir que renace a esperanza dun novo xeito de gobernar as instancias políticas, do que en boa medida a sociedade está desexosa?. Xa nos contentaríamos só con que non se fixese realidade aquela vella sentencia: “a democracia ofrece cada catro anos a posibilidade de elixir ós que nos van decepcionar”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



