Lugo, 15 de maio de 2015.- Uns 200 maiores da provincia participaron este venres na xornada formativa Viaxe a mil e un lugar coas TIC, coa que o InLugo, que xestiona a Fundación TIC dependente da Deputación, celebrou o Día Mundial de Internet. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, compartiron cos asistentes esta iniciativa, enfocada a ensinar ás persoas de máis de 55 anos como poden realizar viaxes virtuais dun xeito lúdico e doado.
Un dos pratos fortes desta xornada especial, que se suma ao amplo programa formativo que o InLugo desenvolve ao longo do ano en toda a provincia, foron as conexións en directo, vía skype, co presentador do programa Luar da TVG, Xosé Ramón Gayoso, a cantante Lucía Pérez e o comunicador especialista en programas de saúde, Manuel Torreiglesias. Grazas ás TIC, os maiores puideron conversar con estes tres coñecidos personaxes, malia estar a moitos quilómetros de distancia.
Sorprendidos e divertidos
Os maiores que se achegaron á sede do InLugo foron moi activos en todas as actividades. Entre as máis divertidas, as fotos con croma nas que aparecen en lugares tan dispares como as pirámides de Exipto ou o Amazonas, e que puideron levar como recordo en formato papel e dixital; tamén o xogo online con conexións en directo con diversos puntos da cidade, que lles permitiu falar, por exemplo, con turistas que visitaban a muralla.
Tamén lles sorprendeu a posibilidade de explorar calquera punto do mundo con programas informáticos como Google Earth e Street View ou ver en directo, grazas as webcams, o que estaba pasando nese mesmo momento en lugares como Roma ou París.
Alumnos e maiores compartiron viaxe
As actividades, que foron impartidas por docentes do InLugo e técnicos da TIC, contaron coa participación de bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son. Eles foron os encargados de realizar as conexións en directo desde as rúas de Lugo, como práctica nun escenario real. Ademais os alumnos de 1º de Produción gravaron imaxes e entrevistas para elaborar unha reportaxe de televisión dentro dos módulos de Planificación de Proxectos Audiovisuais e Medios Técnicos Audiovisuais.
A xornada formativa, que está incluída na encomenda de xestión da Deputación á Fundación TIC “Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia”, tamén incluíu almorzos e merendas saudables, con degustación de produtos de Lugo. Amosouse aos asistentes como mercar eses produtos a través en internet.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



