Burela, 15 de maio de 2015.- O alcalde, José Mª González Barcia, agradece a visita cursada á Feira Expomar polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, porque significa o apoio da administración autonómica a este evento que chega á súa décimo sexta edición neste 2015.
O rexedor declarou: “estamos agradecidos e contentos de que o presidente da Xunta viñera hoxe aquí, a Burela, porque significa a manifestación explícita do apoio da Xunta de Galicia a este evento comercial. Para nós Expomar representa non soamente unha promoción importante do que é a nosa vila, representa non soamente unha dinamización importante nestes días do tecido socioeconómico senón que representa básica e fundamentalmente a posibilidade de mostrar o potencial pesqueiro que ten Burela e a posibilidade de xeración de negocio que ten o sector náutico pesqueiro neste concello”.
Para González Barcia “hai que ter en conta que o sector pesqueiro en Burela non queda reducido á parte extractiva senón que abarca tamén á parte de transformación, á parte de comercialización e o aspecto de industrias vinculadas co mundo do mar. Por todo iso temos que agradecerlle ao presidente da Xunta a súa visita aquí, a Burela, hoxe e tamén a colaboración que a Xunta presta este ano á Fundación Expomar para a realización deste evento, a través das consellerías do Medio Rural e do Mar e da de Economía. Tamén deixamos patente diante do presidente da Xunta que Burela é un pulmón importante para a economía desta comarca e polo tanto tamén para a economía galega, básica e fundamentalmente no que se refire precisamente ao aspecto pesqueiro, xa que o porto de Burela é o máis importante que ten a Xunta de Galicia en canto a venda directa de peixe”.
O alcalde confía en que “o apoio da Xunta continúe en próximas edicións e tamén agradecemos de forma especial o pronunciamento que o presidente, Alberto Núñez Feijoo, fixo en canto ao futuro do sector pesqueiro”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



