Burela, 14 de maio de 2015.- A Sociedade Cultural Recreativa Musical “Ledicia”, de Burela (Lugo) convoca un concurso de carteis co gallo da celebración da XXXI Feira do Bonito que tera lugar o vindeiro 1 de agosto de 2015 (primeiro sábado de agosto) na explanada portuaria da localidade.
Bases
1. Poden participar tódalas persoas que o desexen.
2. Convócase o concurso en dúas categorías:
• Categoría A: concursantes ata 14 anos.
• Categoría B: concursantes maiores de 14 anos.
3. O tema debe ter -necesariamente- relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira.
4. O encabezamento do traballo será: XXXI Feira do Bonito, e deben aparecer tamén o lugar e a data de celebración da mesma: Burela, 1 de agosto de 2015.
5. A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso.
6. As medidas para os traballos son:
• Cat. A: 15 x 20 cm.
• Cat. B: 50 x 65 cm.
7. Cada autor pode achegar un ou varios traballos, sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior e a categoría na que participa no exterior.
8. Os orixinais poden entregarse ata o día 10 de xuño de 2015 no local social de Ledicia, ben por correo (Rúa do Ril nº 4 entr/baixo 27880 – Burela), ben de xeito persoal os mércores entre as 20:30 h e as 22:30 h
9. Premiarase un traballo por categoría; correspondendo o gañador da Categoría A ó programa de man; e o da Categoría B ó cartel anunciador da Feira
10.Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e entregaranse o día de celebración da mesma.
11.Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
12.A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.