Foz, 14 de maio de 2015.- Dentro da Programación das Letras, a biblioteca pública municipal de Foz recibiu na mañá deste xoves a visita de alumnos e alumnas de Primaria do colexio Martínez Otero para conmemorar o Día das Letras Galegas.
As actividades continuarán este venres, cando a biblioteca municipal focense acollerá ás seis da tarde un espectáculo de contacontos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos de idade. A actuación, titulada A maleta da avoa, correrá a cargo de Raquel Queizás.
A actriz Raquel Queizás, que ten unha frutífera e longa traxectoria profesional, cursou estudos de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal, bufón, danza, teatro, mimo, voz e canto, acrobacia, manipulación e fabricación de monicreques, etcétera.) en diferentes centros ou encontros de formación. É cofundadora e integrante da compañía Teatro da Semente. Forma parte do elenco das compañías Os Monicreques de Kukas e A Xanela do Maxín. Participou con Leo Bassi en espectáculos de rúa e con Els Comediants actuou na inauguración da Terminal 4 do aeroporto de Barajas.




















O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.



