En Burela, a 15 de Maio de 2015, reunidas as asociacións pesqueiras no marco do XVI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras co amparo da FUNDACIÓN EXPOMAR, desexan manifestar o seguinte:
1) Existe un malestar profundo e xeral ante a evidente desafección entre a Secretaría Xeral de Pesca e o sector, pois cada vez parece que existe máis distancia entre as necesidades deste e as respostas por parte da Administración. Que esta recrimine que o sector leva advertindo da súa posible desaparición desde fai vinte anos e con todo segue aquí, significa descoñecer a nosa realidade e o esforzo feito pola flota. Recordemos que o número de buques reduciuse nalgúns casos ata en máis dun 50 por 100, coa consiguiente perda de emprego e de actividade económica nas zonas costeiras, malia a mellora evidente dos stocks.
2) Non podemos admitir que a política pesqueira que se está seguindo pivote unicamente sobre a Inspección e o Control, esquecéndose en grao sumo fundamental, a Xestión dos Recursos Pesqueiros. Non podemos levar anos esperando pola creación do Rexistro de Posibilidades de Pesca, fundamental para garantir a seguridade xurídica e a utilización dos dereitos pesqueiros pola flota. Non é asumible que se estea negociando coa Comisión Europea sobre unha cuestión tan esencial para a flota como a Obrigación de Desembarque sen consultar co sector pesqueiro afectado. Non é admisible que a desconexión entre o IEO, o sector e a Administración, supoña que non se trasladen datos que o sector proporcionou para mellor defender os intereses pesqueiros españois ante a Comisión.
3) Non queremos unha Administración que estea máis preocupada en recadar, que en xestionar de forma adecuada todo o que incide na actividade pesqueira, e para iso entendemos que é necesario un cambio na forma de traballar pola súa banda. É preciso mellorar a comunicación co sector (debe ser clara e transparente) e variar a percepción que de nós se ten. É a única actividade na que parece que hai unha presunción de culpabilidade na súa actuación. Evidentemente é necesario controlar o cumprimento da normativa vixente (de forma unificada e harmonizada), pero a contrapartida é que quen isto esixe, debe necesariamente traballar para mellorar a xestión. E xestionar os recursos debe facerse nunca de costas ao sector, senón en comunicación con este e atendendo á súa realidade. Rexeitamos regulacións elaboradas desde despachos afastados a portos e barcos, que non teñen en conta as implicacións sociais e económicas que rodean á pesca.
4) O sector comparte os obxectivos do Regulamento 1380/2013, quere unha actividade pesqueira sostible ambientalmente a longo prazo, xestionada de forma coherente ao obxecto de xerar beneficios económicos, sociais e de emprego, contribuíndo á dispoñibilidade de produtos alimenticios. É evidente que neste momento xa non está sobre a mesa unha mala situación dos stocks pesqueiros, pois contribuímos a superala, e con todo, coa maioría das especies en situación biolóxicamente saudable, as limitacións impostas por normativas moi afastadas da realidade da actividade pesqueira, non nos permiten garantir a sostibilidade económica e social das empresas vinculadas ao sector.
5) Non entendemos que o problema do sector pesqueiro estea na comercialización, pese ao que moitos pensan. É máis unha cuestión dunha xestión inadecuada, de costas aos actores, ou ata a falta dela. Queremos seguir pescando, e querémolo facer sen necesidade de axudas, pero para iso é preciso unha maior comunicación coa Administración e unha implicación maior dos distintos institutos científicos (co IEO á cabeza), precisamente na liña de obter a mellor información posible para xestionar adecuadamente os stocks e defender os nosos intereses.
O sector pesqueiro ofrece xa que logo a súa man para colaborar de forma clara, transparente e activa coa Administración, para que se dea un envorco á forma actual de traballar, e á estratexia ata agora utilizada, para así conseguir unha xestión correcta da actividade pesqueira que nos permita continuar sendo alicerce fundamental do tecido socio-económico de numerosas zonas. Para iso é necesario unha aposta política contundente para defender ao sector pesqueiro como actividade económica estratéxica, tendo en conta realmente a este na toma de decisións.
EXPOMAR
As actividades desta edición de EXPOMAR serán clausuradas nun acto que corre a cargo do Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e que se desenvolverán ás 10.30 horas do domingo 17 de maio.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



