Mujeres en Igualdad Burela organizou este sábado unha concentración contra a violencia de xénero diante a Casa do Concello onde se viviron momentos moi emotivos. Unha muller vítima de violencia de xénero, pertencente a esta asociación, quixo poñerlle cara a esta lacra social, sendo a encargada de transmitirlles a todos os asistentes, entre os que se atopaban ademais do Alcalde de Burela, José González Barcia e membros da Corporación Municipal, representantes da candidatura do Partido Popular de Burela, Ciudadanos e Compromiso X Burela, ós que esta muller moi valentemente pediu unión para eliminar esta lacra social que se cobrou xa 11 mulleres vítimas de violencia de xénero no que vai de ano. Tamén recordou a todos os asistentes que ante a Violencia de Xénero “non podemos mirar para o outro lado, debemos de loitar e esixir que se tomen medidas máis contundentes desde o momento xa de ter un mínimo indicio de que unha muller está sendo vítima”.
A emoción foi tal, que varias mulleres romperon a chorar entre os asistentes, oíndo como esta muller con todo o sentimento, pedía que se acabase xa está lacra e que se unisen todos para conseguilo.
Logo de gardar os cinco minutos de silencio, o acto finalizou cun berro secundado por todos os asistentes, no cal pedían: “Basta ya, tolerancia cero!”.





















Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.



