A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio queren expresar o seu agradecemento os veciños de VILARONTE pola súa participación e acollemento veciñal na xuntanza/mitin que a nosa candidatura tivo o domingo 17 de maio no Centro Social O Castro
Esta vez sentímonos dobremente arroupados por os veciños que tiveron a ocasión de informarse do programa do Partido Socialista da man de veciños que forman a candidatura dos socialistas de Foz e clarexar con eles e co nos candidato a alcalde Jaime Cancio as dúbidas e queixas que consideraron oportunas.
Entendemos con claridade as queixas e dúbidas que nos fixeron chegar os veciños, incluídas aquelas sobre as reparacións urxentes que a toda presa anda a facer o actual equipo de goberno despois de catro anos sen relacionarse moito cos veciños de Vilaronte.
Os socialistas de Foz comprometémonos cos veciños VILARONTE a non ter que pedir audiencia para falar co alcalde, a cubrir a pista deportiva, a xestionar una beirarrúa de Vilaronte a Espiñeira e a darlle a parroquia o que non tivo nestes catro anos de desgoberno do Partido Popular.
Estes compromisos firmados en un documento por o Secretario Xeral dos socialistas de Foz José Ramón Val e o noso candidato Jaime Cancio foille entregado o Presidente da Asociación como proba inequívoca das preocupacións que nos moven os socialistas naquelas melloras preferentes pos veciños de VILARONTE.
Así pois, mentres os outros candidatos a alcaldía de Foz recorren a competir no insulto e a falar mal dos socialistas nosoutros, os socialistas de Foz unha ves mais demostramos mediante o diálogo que o compromiso socialista, firmado por nos, está pensado por e para a igualdade dos veciños, vivan onde vivan, desde unha forma distinta de gobernar.
Jaime Cancio (candidato do PSOE de Foz).