Estrasburgo, 21 de Maio 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, calificou este xoves dende Estrasburgo como “unha auténtica burla para consumidoras e consumidores” o informe presentado no día de onte pola Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria da Comisión Europea no que argumentan que incluír a procedencia dos alimentos na etiquetaxe de produtos non transformados, produtos dun so ingrediente ou que supoñen máis do 50% do mesmo implicaría un encarecemento. “Todo o mundo sabemos que engadir unha liña máis na etiqueta que sinale a procedencia do produto non vai encarecer”, sinalou.
Para Senra, as conclusións deste informe, que en si mesmo “constitúe un ataque ao sector produtor do mexilón” , están motivadas porque “o que realmente lles encarece” é o feito de que “se poñen que o produto é galego teñen que mercar o mexilón na Galiza”, en tanto que se esta indicación non figura, “moitas cidadás e cidadáns mercaremos mexilón de marcas galegas ou asociadas a Galiza e pensaremos que estamos comendo mexilión galego”, alertou.
Dende AGEe temos claro que esta é “a verdadeira razón” pola que a gran industria se nega a que a etiquetaxe sexa obrigatorio, incluso malia a que as conclusións deste informe sinalen claramente que a inmensa maioría das consumidoras e consumidores prefire ter un información exahustiva dos alimentos que adquiren.
Neste contexto, a Comisión Europea “que responde unicamente aos intereses destes grandes industriais”, toma a iniciativa de “sacar un informe totalmente negativo e que atenta contra os dereitos das consumidoras e consumidores e contra o sector produtor”.
A eurodeputada galega fixo tamén un chamamento ao Presidente da Xunta de Galiza e á Conselleira do Mar “para que se poñan á cabeza das reivindicacións do sector produtor de Galiza” e que insten á Comisión Europea e a través do Ministerio “a que esta normativa cambie, a que sexa obrigatorio o etiquetado”.
Aliás, dirixiuse directamente aos deputados e deputadas do Partido Popular no Parlamento Europeo para que non adopten a mesma posición que na votación realizada fai uns meses ao respeito do etiquetado da carne, onde “votaron en contra de que fora obrigatorio o etiquetado porque o lobby industrial da carne así llo pedíu”.
Dende AGEe, “seguiremos apoiando ao sector e loitando por alcanzar todas as garantías posíbeis para os nosos alimentos, e estaremos moi pendentes do percorrido deste informe e da chegada desta proposta ao Parlamento Europeo”.
Xa en novembro do pasado ano AGEe presentou unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión para obter máis información ao respeito da consideración que tería o mexilón no referente a eitquetaxe – Rotulagem de produtos da pesca e da aquicultura no novo Regulamento-, insistindo neste aspecto cunha nova pregunta rexistrada no mes de febreiro -Rotulagem de alimentos-Resolução do Parlamento e relatórios-.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



