Ribadeo, 21 de maio de 2015.- O candidato socialista á alcaldía de Ribadeo, Roberto Ramos Piñeiro, garante a creación de postos de traballo no municipio a través da posta en marcha dun plan de emprego, que inclúe no seu proxecto de goberno para o concello ribadense.
Roberto Ramos explicou que “os socialistas estamos moi preocupados pola situación de desemprego na que se atopan máis de 700 dos nosos veciños. Por iso dentro do noso programa, como un dos piares máis fortes, incluímos un plan municipal de emprego, que é real e contempla medidas claras para combater o paro que afecta a un 16 por cento da poboación activa de Ribadeo”.
O alcaldable do PSdG-PSOE especificou que nese plan inclúese “a creación dunha bolsa de axuda a todas as empresas, autónomos e emprendedores para a contratación de persoas empadroadas en Ribadeo, segundo un baremo de estabilidade e calidade do emprego, situación de desamparo ou exclusión social e potenciación de sectores estratéxicos do noso concello. Tamén reduciremos taxas municipais e estudaremos reducións para as novas implantacións que garantan o emprego estable de calidade para ribadenses”.
Maior actividade industrial
“Ademais abriremos viveiros de empresas industriais para facilitar o acceso ao solo industrial e infraestruturas tecnolóxicas a novas iniciativas e renegociaremos co SEPES o prezo do solo no polígono industrial, que agora mesmo é o máis caro de todos os da comarca, con prezos superiores aos que teñen os polígonos de Barres, de Vegadeo e de Barreiros, pois aínda que se reduciu xa en dúas ocasións o prezo segue sen ser competitivo, polo cal a implantación de empresas non está sendo a que corresponde a un polígono como o de Ribadeo, que se atopa nun lugar privilexiado e ben comunicado”, xustificou o candidato.
Blindar as condicións laborais
Ramos explicou, por outra banda, que “incluiremos cláusulas sociais que blinden as condicións dos traballadores das empresas que opten a concursos públicos do Concello e nos procesos de contratación municipais engadiremos baremos para a obtención dos contratos que garantan o nivel de estabilidade das plantillas desas empresas”. E engadiu que “potenciaremos o papel da muller no mercado laboral, fomentando medidas que permitan a conciliación da vida a través dun plan de emprego feminino e realizaremos campañas de promoción de emprego estable a través do impulso de acordos de estabilidade”.
Plan estratéxico de comercio e hostalería
En cuanto ao comercio, hostalería e pequenas empresas, o programa socialista inclúe “un plan estratéxico de comercio e de hostalería, que estea consensuado coa asociación de comerciantes, cunha estratexia clara e definida. Planificaremos anualmente as accións de promoción, difusión e formación para apoiar ao pequeno comercio a á hostalería”.
Ademais, Ramos afirmou que “o punto forte do noso programa será un plan fiscal local, que redistribúa e modere as cargas fiscais para as novas iniciativas empresariais con bonificacións do 95 por cento do IBI e aprazamento, fraccionamento ou incluso exención das taxas asociadas á apertura de negocios, que garantan a contratación de ribadenses”.
Promover o emprendemento
O candidato socialista anunciou ademais a “creación da Casa do Emprendedor: un espazo no que debater, formarse e madurar unha idea de negocio e recibir información das diferentes administracións. Tamén potenciaremos o uso das TICs nas pequenas iniciativas por medio de actividades formativas. Crearemos unha marca que premie as pequenas iniciativas locais que se provean doutras empresas locais e favorezan as sinerxías entre estes establecementos. E estableceremos un plan de relevo xeracional para garantir a continuidade de establecementos a través do emprendemento”.















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



