O Concello de Cervo fixo un recoñecemento especial á veciña de San Cibrao María Martínez Paleo, que este sábado cumpre 100 anos. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil Pilar Armada visitaron á centenaria e entregáronlle un ramo de flores como mostra de agarimo, un acto no que tamén estivo presente o sobriño da homenaxeada. O rexedor e a edil felicitaron á centenaria polo seu aniversario e desexáronlle que “cumpra moitos máis, e coa mesma alegría e vitalidade”. Os responsables municipais interesáronse pola saúde de María e animárona a gozar na celebración que lle ten preparada a familia.
María Martínez Paleo cumpre 100 anos
María Martínez Paleo cumpre 100 anos
Relacionado
-
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores desprazarase a Ribadeo os días 13 e 14 de maio
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas