O candidato do PP á alcaldía de Xove está fixando a súa campaña en declarar nos medios públicos, sen poñerse rubo, que os do BNG non fixemos nada en catro anos. Diante desta ausencia de rigor absoluto, queremos purificar a nosa alma entoando o mea culpa con esta pregaria:
Non propuxemos unha área etnográfica para a Baleeira de Morás. Non impulsamos un plan de apoio aos autónomos. Non destinamos axudas das áreas nacionalistas de Cultura e Deportes da Deputación para as entidades de Xove. Non promovemos as Unidades de Xestión Forestal. Non pedimos axudas compensatorias para as explotacións gandeiras. Non instamos a eliminación das estruturas metálicas do lixo que eran perigosas para os condutores na Rigueira. Non fomentamos a eliminación de barreiras arquitectónicas. Non favorecemos a devolución das cotas da piscina aos socios por estar pechada tres meses no verán. Non solicitamos un maior control da recollida de lixo e reciclaxe. Non exiximos a dinamización dos Centros Sociais. Non propuxemos que se tiveran en conta os intereses das empresas xovenses á hora de conceder obra municipal. Non impulsamos a reelectrificación de Penas Agudas. Non logramos a edición do libro De sol a sol (Un século de traballo en Xove). Non advertimos da ausencia de alumeado público no Camiño Real. Non fixemos unha amplísima contribución ao PXOM. Non nos interesamos polo desvío de doentes de pediatría a Burela. Non conseguimos a retirada da obsoleta cabina telefónica que había fronte ao Mera. Non promovemos a mellora do acceso á Escola de Música. Non logramos a correcta sinalización da parada de taxis conforme á normativa.
Nunca advertimos da ausencia de material de urxencia para os socorristas das praias. Non pedimos axudas ao transporte para o estudandado universitario e de ciclos formativos de fóra da Mariña. Non instamos a habilitación de taboleiros ou paneis para evitar a colocación de propaganda electoral en paredes e valados. Non impulsamos o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar desde a área nacionalista da Deputación despois de que a Xunta se desentendese das súas obrigas. Non recriminamos o cobro de dietas desde a alcaldía por asistir a unha manifestación. Non nos interesamos polo abuso na facturación eléctrica aos nosos veciños. Non vaticinamos que a Comisión para as Vítimas de Violencia de Xénero era un engano para os profesionais que participaron de boa fe. Non manifestamos o noso rexeitamento á reforma da administración local. Non nos preocupamos polas dificultades da planta de rodaballo Insuíña (Pescanova). Non advertimos ao goberno municipal con dous meses de antelación para que comezara a xestionar a substitución dunha praza de médico que finalmente se amortizou. Non denunciamos a exclusión de Xove do programa autonómico de redución do abandono escolar. Non apoiamos a xusta reivindicación dos nosos emigrantes retornados. Non impuxemos algo de sentidiño na Ordenanza Reguladora da Limpeza de Espazos Públicos coas nosas propostas.
Tampouco promovemos unha declaración municipal de apoio ao Xulgado de Paz e ao Rexistro Civil. Non rexeitamos a suba nas tributacións das persoas autónomas e pequenas empresas. Non solicitamos información formal sobre os múltiples arranxos da rúa Apeadeiro. Non delatamos o cobro ilegal de dietas da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao por parte do primeiro edil. Non denunciamos o aumento salarial nun 26% dos catro políticos profesionais que cobran do Concello. Non informamos sobre as queixas polas expropiacións de Gas Natural. Non manifestamos o noso malestar polo engano do mitin da Delegada Territorial da Xunta no acto institucional de homenaxe aos xubilados. Non promovemos un acto sobre a historia agochada de San Tirso no Centro Social de Portocelo. Non demandamos o rexistro da páxina web do Concello co dominio www.xove.gal. Non recoñecemos e agradecemos o traballo das asociacións culturais e clubs deportivos. Non requirimos un control sobre a praga da Herba da Pampa. Non apoiamos o servizo público de Correos. Non advertimos da corrección de erros no calendario municipal. Non convocamos un acto informativo sobre a tarifa eléctrica. Non reivindicamos o cumprimento das promesas acerca da Vía de Alta Capacidade. E, por suposto, tampouco apoiamos o comercio local. Nada de nada.
E todo isto tendo en conta que os datos oficiais din que desde o grupo municipal nacionalista presentamos 61 iniciativas, fronte ás 5 do grupo municipal do PP. Nós saímos a 30,5 propostas por concelleiro. Eles saen a 0,62 propostas por cada edil/a.
Marco López
Candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Xove



















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



