O convenio regula a subvención prevista nominativamente no orzamento xeral da Deputación de Lugo para exercicio 2015 coa finalidade de axudar ao mercado medieval de Mondoñedo.
A Subvención da Área de Cultura e Turismo está incluida no Plan Estratéxico de subvencións da Deputación e xustifícase na promoción de productos turísticos que contribuan á dinamización económica e social do territorio provincial e ascende á coantía de 32.000 euros.
A previsión orzamentaria da XXVI edición do mercado medieval ascende a 42.967 euros.
A día de hoxe preto de 100 solicitudes están recibidas para participar na feira deste ano. Lembramos que todavía está aberto o prazo de incrisción ata o 15 de xuño. Para máis información, pódese chamar ao 982507177 ou ben por correo electrónico medievalmondonedo@yahoo.es.