Ribadeo, 8 de maio de 2015. O Concello convoca o concurso Arte nas paredes co obxectivo de adecentar as fachadas dalgúns edificios de Ribadeo. O primeiro espazo a intervir é un inmoble da avenida Rosalía de Castro, que fai esquina con San Roque e a temática a plasmar deberá estar obrigadamente relacionada co auxe socioeconómico e cultural acontecido desde mediados do século XVIII e ata principios do XX en Ribadeo, tendo en conta o carácter comercial da vila e o legado da emigración. Os artistas que o desexen poden presentar os seus bosquexos ata o 22 de xuño. A obra gañadora terá que pintarse nesa fachada. Os gastos de instalación e os materiais necesarios para a súa realización correrán a cargo do Concello, segundo deu a coñecer hoxe o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor explicou que “queremos seguir facendo máis agradable á vista a paisaxe urbana; en concreto queremos decorar o lateral dun edificio que fai esquina coa avenida Rosalía de Castro, coas rúa San Roque e Rodríguez Murias, nun dos cruces emblemáticos de Ribadeo. Por iso convocamos un concurso de ideas no que poden participar todos aqueles creadores ou creadoras que o desexen. Eles teñen que deseñar un bosquexo nun tamaño non superior a un metro cadrado, que será valorado por un xurado especializado, e a temática a tratar terá que centrarse nalgún aspecto relevante da actividade social, económica do Ribadeo dos séculos XVIII, XIX e principios do XX”.
Suárez Barcia contou que “o bosquexo gañador terá que ser plasmado no lateral deste edificio polo propio artista nesta superficie de aproximadamente 200 metros cadrados. Para iso contará coa achega dos materiais necesarios (pintura, estadas, etcétera) por parte do Concello. O premio será de 2.500 euros, destinados a cubrir o enxeño creativo e tamén a propia realización do traballo sobre o edificio”.
E engadiu que “todos aqueles artistas interesados con capacidade de propoñer unha obra que poida ser merecedora de entrar neste concurso e que logo, se resulta gañadora, terá que trasladalo a esa superficie para contribuír a facer de Ribadeo un lugar atractivo no que a vila en si sexa tamén unha estampa e unha obra de arte viva e natural”.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



