Ribadeo, 15 de maio de 2015.- Os alumnos e alumnas que asisten ao curso de community manager, que o Concello imparte dentro do proxecto Ribadeo medra contigo, farán prácticas en empresas e comercios de Ribadeo. As firmas interesadas en contar con estes alumnos durante os meses de xuño e xullo poden dirixirse á Área de Desenvolvemento Local. Ademais o Concello organiza varios obradoiros durante as vindeiras semanas sobre apicultura, cervexa artesá, cosmética natural e xabóns, segundo deu a coñecer este mediodía a concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez.
A edil nacionalista explicou que “dentro do programa Ribadeo medra contigo, que se está a desenvolver na súa primeira fase co curso de community manager cando os alumnos e alumnas que están a participar acaben coa parte teórica se ofertará para as empresas e comercios, que estean interesados, unha parte práctica na que o alumno desenvolverá nesas firmas un plan social media, de presenza, de identidade e de promoción nas redes. E para iso o propio profesor e supervisor do curso estará tamén identificando o traballo dos alumnos e irá executando diferentes campañas, accións de promoción e de dinamización nas redes (facebook, twiter, etc), dentro do que o propietario da empresa determine durante o tempo de duración desas prácticas, 120 horas, distribuídas coa flexibilidade que teña a empresa, durante os meses de xuño e xullo”.
Ana Martínez indicou que “as empresas e os comercios que estean interesados deberán poñerse en contacto coa Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo chamando ao teléfono 982 128 689 ou a través do formulario que estará colgado na páxina web do Concello”.
A concelleira de Desenvolvemento Local contou que “Ribadeo medra contigo é un programa pensado para o desenvolvemento das persoas e da economía local e buscando tamén unha formación para ese emprendemento no rural faremos pequenos microtalleres para o aproveitamento no sector primario. Así haberá un curso práctico de apicultura, que terá lugar os días 5, 6 e 17 de xuño en Vilela. Haberá outro obradoiro de elaboración cervexa artesá cunha introdución á microcervexería coma produto de negocio. Será o 30 maio, durante todo o día, na Casa da Xuventude de Ribadeo. Haberá tamén outro obradoiro para a elaboración de cosmética natural, cunha visión coma empredemento. Será o 30 de xuño todo o día e tamén na Casa da Xuventude. E faremos un obradoiro de elaboración de xabóns e de produtos de baño, que será o 27 de xuño todo o día na Casa da Xuventude”.
Para participar nestes microobradoiros é preciso anotarse na Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



