Lugo, 21 de maio de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular sospeita que o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, lles agocha as nóminas da Fundación TIC para evitar que se fagan públicos os nomes de persoas ás que o socialista ten contratados neste ente dependente do organismo provincial.
Así o analizaron este xoves os populares tras que o Grupo Provincial do Partido Popular solicitase xa en outubro de 2014 acceso ás nóminas da Fundación TIC, non lle sendo atendida a día de hoxe esta solicitude de información.
Os populares consideran cando menos “sospeitoso” esta actitude do presidente provincial, tendo en conta os antecedentes que obran na política de contratación do socialista no organismo lucense, como foi o caso dado a través da Escola de Piragüismo.
Neste senso, dende o Grupo Popular lamentan que a Deputación se estea a converter nunha axencia de colocación de afíns e lembran que, por exemplo, na Fundación TIC presta servizos un familiar directo dun dos principais organizadores da manifestación sobre os servizos do Hula.
Acceso á documentación
O 3 de outubro de 2014, o deputado do Partido Popular e Conselleiro representante do mesmo na Fundación TIC solicita acceso ás nóminas e facturas da Fundación TIC durante a anualidade 2014
A través de escrito con data 16 de outubro do 2014, dende a Fundación TIC, expoñen que “na sesión do Padroado da Fundación TIC, no primeiro trimestre do ano 2015, aprobaranse as contas anuais, na que se achega toda a documentación solicitada e que vostede, na súa condición de membro do Padroado, terá a súa disposición”.
O presidente convoca sesión do Padroado da Fundación TIC para o 17 de marzo de 2015, en cuxa orde do día figura a aprobación das contas anuais. Entre os expedientes coa documentación a disposición dos patronos non figura a relación de nóminas nin de facturas da Fundación TIC durante a anualidade 2014, incumprindo deste xeito a contestación dada no seu día pola Fundación TIC
O mesmo día 17 de marzo de 2015, a través de escrito con número de rexistro 5806, esíxese de novo acceso ás nóminas e facturas da Fundación TIC durante a anualidade 2014. A maiores, o GPP solicita a intervención do Valedor do Pobo a fin de que os seus dereitos constitucionais sexan respectados. Queixa que foi admitida a trámite.
Por último, os populares presentaron unha moción que se debaterá no próximo pleno provincial na que instan ao presidente da institución a que atenda á petición do Grupo do Partido Popular e lle conceda acceso e copia das nóminas e facturas do 2014.


















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



