Lugo, 18 de maio de 2015. O mundo do rugby renderá o vindeiro 22 de agosto unha homenaxe a José Domínguez Fernández, Tolón, coa celebración dun torneo triangular veterano que xuntará a equipos de Irlanda, Cataluña e Galiza. A comisión organizadora deste I Memorial Internacional de Rugby veterano, constituída esta mañá na Deputación, está formada pola Vicepresidencia do organismo provincial, o Concello de Cervo, a asociación Airiños do Xunco e históricos do rugby lucense como Manuel Miranda, Xabier Ridríguez ou Suso de la Torre.
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, destacou que “Tolón era unha persoa totalmente entregada ao deporte lucense” e dixo que “sería esta unha semana moi leda para Tolón porque estamos vivindo un momento importantísimo para o Breogán, metidos de cheo na loita polo ascenso á ACB”. Veiga destacou a importancia deste torneo, que definíu como “Torneo das Tres Nacións” e avanzou que “é un memorial que agardamos manter no tempo e que teña continuidade”.
Xabier Rodríguez, pola súa banda, explicou que o pasado 29 de marzo cumplíronse dous anos do falecemento de José Domínguez Fernández e lembrou que Tolón implicouse con todo o deporte lucense. “Foi directivo do Versalles de baloncesto e do Estudiantes e tamén da Unión Deportiva Lucense de Balonmán, pero onde de verdade puxo todo o seu empeño e traballo foi na fundación do Xabarín Rugby Club a finais dos 80”, lembrou.
Manuel Miranda, un dos pais do rugby lucense xunto a Tolón, explicou que o torneo triangular celebraráse o sábado 22 de agosto ás 18:00 horas no campo de fútbol de San Román, en Cervo, “a segunda casa de Tolón, onde viviu os últimos anos da súa vida, e onde foron esparcidas as súas cinzas, na praia de Rueta”. Disputarán o torneo o equipo irlandés Sea Point, a selección catalá de rugby e a selección galega veterana, formada nunha grande parte por compañeiros de Tolón no Xabarín Rugby Club.
A data escollida coincide coa Queimada de Cervo, “unha festa que Tolón disfrutaba e vivía con moita intensidade”, lembrou o concelleiro de Deportes de Cervo, Luís Antonio Guillén Menéndez.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
