A Mariña, 11 de maio de 2015.- O Partido Popular da Mariña lucense vén de saír ao paso das últimas declaracións efectuadas pola responsable comarcal nacionalista, Ana Ermida, e quixo deixar claro que no BNG confunden a defensa da sanidade pública con “agarrarse á pancarta e facer de saltabarricadas”
Os populares din que unha vez máis os nacionalistas non serán capaces de enganar aos veciños da Mariña, como xa intentaron noutros procesos electorais, nos que incluso chegaron a repartir folletos alertando dun falso peche do Hospital da Costa. O único que ten demostrado con feitos –e non con palabras- que cre, garante e amplía os servizos do Hospital é o Goberno Feijóo, fronte a nula credibilidade do BNG cando fala de sanidade.
Un feito: investimento cero co bipartito
Os populares van máis aló e lémbranlle a Ermida que cando o BNG tivo responsabilidade de goberno non foi quen, xa non so de impulsar a necesaria ampliación do Hospital -que hoxe está en marcha tras a aprobación do plan director- senón que ademais non tivo máis remedio que recoñecer, en resposta oficial e no Parlamento, que a Xunta bipartita non investiu un so euro en obras de mellora neste centro
Novos servizos, aposta firme pola ampliación
Fronte á sequía inversora e desprezo ás necesidades da sanidade pública comarcal que caracterizou ao bipartito, os populares contrapoñen os máis de 2,2 millóns de euros achegados en novos servizos e melloras no Hospital desde que o PP goberna na Xunta, así como a redacción e aprobación do seu plan director, que como explicou o Presidente Feijóo, é documento técnico que determinar como se fará a ampliación e remodelación do Hospital da Costa para ganar en atención hospitalaria e confortabilidade.



















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



