A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Foz e o seu candidato Jaime Cancio queren expresar o seu agradecemento os veciños de FORXÁN por a su participación na xuntanza/mitin que a nosa candidatura tivo o xoves día 14 de maio na antiga Escola de Forxán.
Unha vez mais sentímonos arroupados por os veciños que estiveron con nos para escoitar e aclarar mediante o dialogo cos nosos candidatos o programa do Partido Socialista e recoller de primeira man as preguntas, as dúbidas e queixas que consideraron oportunas.
Entendemos con claridade as queixas e dúbidas que nos fixeron chegar os veciños, incluídas aquelas sobre as reparacións urxentes que a toda presa anda a facer o actual equipo de goberno despois de catro anos sen ser visto demasiadas veces por o barrio.
Os socialistas comprometémonos cos veciños do barrio de Forxán a non facer obras en campaña electoral, porque para iso están os catro anos de goberno e tamén lle entregamos o Presidente da Asociación de Veciños un documento de compromiso firmado polo noso Secretario Xeral José Ramón Val e o noso candidato Jaime Cancio.
Así pois, unha ves mais, os socialistas de Foz demostramos mediante o diálogo que o compromiso socialista, firmado por nos, está pensado por e para os veciños desde unha forma distinta de gobernar.
Jaime Cancio (candidato do PSOE de Foz).