Burela, 15 de maio de 2015.- O Burela FS Pescados Rubén retoma a competición ligueira este sábado fronte ao Pescamar Poio FS, como último arrencendo galego da tempada, tras o brillo goleador de Peque que lle outorgou o título a España no Torneo Internacional de Móscu sobre Rusia. A antepenúltima xornada de Primeira RFEF arrincará ás 18.30 horas, no municipal da localidade pontevedresa.
Custodiando a terceira praza (61 puntos), o conxunto mariñán buscará os tres puntos ante o noveno clasificado (33 puntos), pero sobre todo centrarase na Copa de España: “Será un partido bonito no que loxicamente pelexaremos polos tres puntos, co aliciente que sempre implican os derbis galegos, pero agora o noso traballo xa se encamiña á Copa, para chegar o mellor preparadas posible” analizaba Iván Cao, Lucas, destacando á internacional Silvia Aguete e a perigosidade goleadora de Souça como dúas das armas máis afiadas do Poio.
A expedición laranxa partirá mañá ás 14.00 horas, coa única ausencia de Lara, por lesión.
Convocatoria Burela Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 13. Patri, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 19. Paula, 20. Tainã.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
