Santiago de Compostela 15 de maio de 2015-. A plataforma cidadá Queremos Galego, convoca 8 actos o 17 de maio ás 12.00 horas, na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago e Vigo baixo o lema Galego, garantía de futuro, porque, segundo indicou Marcos Maceira, portavoz da plataforma cidadá, a existencia e a normalidade da lingua galega é a garantía da existencia e do futuro do pobo galego, lembrando que ningún pobo pode aspirar ao progreso e ao avance social de costas á súa lingua.
Queremos Galego fixo un chamado ao conxunto da sociedade a mobilizarse o 17 de maio, porque segundo o seu portavoz “o pobo galego ten que ser o protagonista da reposición e normalización do seu idioma en todos os espazos e lugares e para todos os usos” Ademais salientou a soidade de Feixó na súa cruzada contra o galego “ que debería dunha vez escoitar ás entidades sociais, Anpas, sindicatos, organizacións políticas… mesmo ás tres Universidades, ou simplemente ver a evolución do galego en todos os estudos sociolóxicos, ou a situación de exclusión que padece a lingua en todos e cada un dos ámbitos sociais”.
Para a plataforma cidadá, composta por cerca de 700 colectivos sociais de todo tipo, o 17 de maio é unha data para festexar que temos lingua propia e para reclamar a súa plena reposición e normalidade, e avanzarmos na oficialidade real que aínda non acadou.
Actos públicos
Os principais actos que desenvolverá a plataforma Queremos Galego terán lugar nos seguintes lugares:
Vigo: Cruce da Vía Norte con Urzaiz. Ás 12.00 horas
Santiago de Compostela: Praza das Pratarías, ás 12.00 horas
Ferrol: Praza do Cruceiro (Canido) ás 12.00 horas
A Coruña: Diante do Teatro Rosalía (Rego da Auga), ás 12.00 horas
Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 12.00 horas
Lugo:11.30 Praza maior ás 11.30 horas
Ribadeo: Catro Rúas, ás 12.00 horas
Ourense: Praza da Imprenta, ás 12.00 horas
En todos estes actos se dará lectura por representantes de diferentes colectivos ao manifesto O Galego, garantía de futuro, que xa está a recoller apoios a través da páxina www.queremosgalego.org
O portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, fará declaracións aos medios de comunicación ás 12h na Praza das Pratarías de Santiago, onde tamén intervirá ao remate do acto.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



