O Vicedo, 21 de maio de 2015.- “Rodesindo da Barrosa” é o espectáculo teatral que o vindeiro sábado 23 de maio ás 21:00h será representado na Casa de Cultura do Vicedo pola compañía Volta e Dálle.
Rodesindo da Barrosa, “gobernador de Ourense” é un afiador que percorre os camiños de Galiza e do mundo acompañado da súa roda de afiar.
Goberna todo tipo de aparellos, capa todo tipo de mamíferos, (de dúas ou de catro patas), afía coitelos, tesoiras, navallas, amaña virgos e conciencias, cóllelles puntos as medias das mulleres, fai “piercings” con arame do Carballiño do sete, e colócaos ….(en calquera parte do corpo que soliciten o clientes)
Rodesindo toca o seu chifre de buxo, e fai reclamo a tódolos veciñ@s e para que lle leven as súas ferramentas de corte para afiar.
Mentras traballa, cóntalle ás xentes do lugar diferentes aventuras que lle aconteceron no seu deambular polo mundo. Coma o caso do penico do frade Franciscano de Betanzos, que como tiña pedras no ril, cada vez que mexaba nel deixábao cheo de buratos.
A filosofía comercial de Rodesindo é: Os clientes sempre teñen que quedar contentos, e para isto él proba que todos os aparellos que goberna funcionan correctamente antes de entregarllos aos clientes, mesmo inventou un comprobador de paraugas para saber se teñen goteiras.
Explícalle a xente que o seu traballo non ten volta de folla, en galego.
A os que non entenden fálalles en Barallete, a lingua dos afiadores.
O intérprete
Pepe Penabade (Cabanas, O Vicedo, Lugo)
Actor protagonista, foi un dos fundadores (en 1987) da compañía Os Quinquilláns, da que formou parte até 1999 e, un ano despois, deu en fundar Volta e Dálle, compañía que dirixe na actualidade, e na que participa como actor, e escenógrafo. Na súa nómina figuran espectáculos coma Furga Garabela!, Rodesindo da Barrosa, Salitre, Jalisia Mi Madriña! Pan, catro propostas arredor da malla, Menciñeiros, ou Dura Lex, entre outros. Actualmente traballa tamén como actor na compañía Chévere no espectáculo Eurozone.
O cinema e a televisión contaron co seu traballo, entre outros en títulos coma: A Mariñeira, 23F, Chapapote, Maratón, Pepe O inglés, Padre Casares, Matalobos, Serramoura ou Hospital Real.





















No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
A actividade puxo o broche final ao Programa Integral de Envellecemento Activo Municipal cunha charla sobre a xestión emocional das enfermidades neurodexenerativas, impartida pola psicóloga Carmen Breijo, da Fundación Degén, quen ofreceu un espazo de reflexión, aprendizaxe e orientación. A sesión contou tamén coa presenza do concelleiro Alfredo Fernández, que destacou a importancia de crear espazos de participación, coidado e benestar para as persoas maiores. O Concello agradeceu a colaboración da Asociación de Xubilados Terramar e da Fundación Degén, así como a participación de todas as persoas asistentes.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.



